lunes, 10 de febrero de 2025

GÚSTANOS MOZART

      "A frauta máxica" fíxonos disfrutar moito na Pementeira. Escoitamos o relato con interese, botamos unhas risas con Papageno, estivemos expectantes mentres Tamino e Pamina pasaban as difíciles probas nunha cova misteriosa, escoitamos as sabias palabras de Sarastro, e descubrimos a falsedade da Raíña da Noite. A historia está chea de emoción e aventuras e a música, coas magníficas voces dos cantantes de òpera que ao longo dos anos representan esta obra nos escenarios de todo o mundo, transpórtanos a mundos imaxinarios que nos fan soñar. Coñecemos xa a todas as personaxes da ópera e, obviamente, un dos momentos que más nos gustou foi o episodio do dragón. Así que tíñamos que pintar un dragón por suposto.




















             







                                       














                                        
                                        
                                        



      No lateral dereito desta entrada tedes un apartado co título ENLACES MUSICALES e aí podedes atopar unha animación da Frauta Máxica feita pola BBC (dividida en tres partes).
         Ademais desta ópera, Mozart compuso moitas obras máis e nós estivemos coñecendo algunha como, por exemplo, a "Pequena Serenata Nocturna" ou a "Marcha Turca" que lles gustou moito aos nenos e nenas da Pementeira.

                                        
















SALZBURGO
CASA DE MOZART

2 comentarios:

  1. Que medo dan esos dragóns da frauta máxica 🫣

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que onde esté un dragón dos de sempre, botando lume pola boca e metendo medo, que se quiten os dragonciños de nada. E que a historia perde moita emoción se o dragón non nos mete un sustiño!

      Eliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...