domingo, 6 de abril de 2025

UNHA EXPERIENCIA PLÁSTICA

    Como xa non queda nada para rematar o segundo trimestre do curso, é o momento de realizar as bolsas para levar os traballos. Nesta ocasión decidimos facer algo moi creativo e moi divertido. Como nos gusta falar de arte e ver diferentes obras de artistas diversos de épocas e países distintos, estivemos achegándonos á ACTION PAINTING que tan ben representaba o pintor americano Jackson Pollock e puxemos en marcha a técnica do "dripping" ou goteo e salpicado de pintura de xeito libre e aleatorio.
     Coas cartulinas pintadas empregando o dripping e a action painting empezamos a elaborar as bolsas. Aquí vos deixo un montón de fotos porque foi un traballo longo e con moitas fases. O resultado final, a bolsa decorada, aínda non a vou a mostrar hoxe, para darlle un pouco máis de emoción.








































































 





























 

       Pronto veredes o resultado final!

 

2 comentarios:

  1. Que ben se ven, xa sen rematar parécenme impresionantes🥰👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eles/as dixeron que lles gustaban moito cando lles mostrei o modelo inicial. Sempre empezamos con ilusión, despois hai algunha discusión (porque o traballo require paciencia e seguir algunhas indicacións , e iso non sempre se consigue á primeira), logo retomamos o camiño e finalmente rematamos todo moi ben e, desde logo, quedaron ben vistosas. Penso que todos eles/as están contentos/as que é o máis importante.

      Eliminar

FIN DE CURSO

    Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...