miércoles, 24 de septiembre de 2025

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

      Onte foi un día ben emocionante. Os nenos e nenas da Pementeira fixeron a súa primeira saída ao teatro a Padrón. A verdade é que non fai nada que empezou o curso e xa nos aventuramos a facer esta excursión. Todo saiu ben. É certo que aínda lles costa un pouquiño manter certo orden, son moi impulsivos/as, queren subir correndo no bus e sentarse no primeiro sitio que lles apetece, e tamén queren baixar todos/as á vez ou ir adiantándose na fila. É normal, cada un pensa en si mesmo e non comprenden que as mestras temos que controlalos a todos/as, que hai un orden, que necesitamos telos xuntos/as e que mentres axudamos a un a baixar ou a poñer un cinturón de seguridade os outros teñen que esperar o seu turno, ou que no teatro temos que sentarnos onde nos manden... Tamén son importantes aprendizaxes que teñen que ir facendo e, a verdade, para ser principios de curso, a cousa foi moi ben e podemos afirmar que a actividade foi un éxito.

    Por outra banda, salvo estas cuestións de orden e organización que en infantil sempre hai que ter moi presentes porque é unha gran responsabilidade facer saídas, a representación do conto A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA foi xenial, disfrutamos un montón, os pementeiros/as estaban concentrados/as, atentos/as, riron, puxeron cara de sorpresa e de interese, cantaron, fixeron os sonidos dos animais e pasárono xenial. Asi que pouco máis hai que dicir. Un día moi divertido no teatro, actividades que enriquecen, ensinan, divirten e nos fan disfrutar en grupo. Déixovos fotos para que comprobedes que ben o pasaron.






























































































¡NORABOA AOS ACTORES, ACTRICES E ORGANIZADORES POR ESTA DIVERTIDA REPRESENTACIÓN!



4 comentarios:

  1. Moitas grazas por ensinarnos o ben que o pasaron!! Alma veu encantada, con moita emoción e con ganas do conto da toupiña para ir a durmir!👏🏽

    ResponderEliminar
  2. A Violeta le gustó mucho! No entendí muy bien lo que me contaba pero después de ver las fotos lo entiendo jajaja

    ResponderEliminar
  3. É unha maravilla poder ver o ben que están e todo o que fan a cada pouco. Grazas polo blog!

    ResponderEliminar
  4. No puede gustarme más....❤️,me encanta ver las fotos y poder compartir con Lucas todos esos momentos....me rechifla ver la cara de emoción que pone al intentar explicarme lo que están haciendo😊
    Muchas gracias por compartir todos esos momentos 😏

    ResponderEliminar

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

      Onte foi un día ben emocionante. Os nenos e nenas da Pementeira fixeron a súa primeira saída ao teatro a Padrón. A verdade é que non f...