A adquisición e mellora da motricidade fina é moi importante na educación infantil. Agora que estamos iniciando rutinas como a de poñer e botonar o mandilón, abrir e pechar mochilas, vestirse sós e cousas así é funfdamental traballar esa movilidade e coordinación dos músculos finos das mans acadando cada vez máis precisión. Amotricdade grosa implica a movilidade e coordinación da globalidade do corpo e refírese a tarefas como camiñar, correr, saltar etc. A motricidade fina refírese á precisión en movementos máis precisos que nos permiten debuxar, escribir, modelar, abotoar, atar cordóns etc. Soe costar un pouquiño máis porque require máis madurez e máis autocontrol, paciencia, práctica e concentración.
En todo isto estamos estes días, intentando motivar a estes pementeiros e pementeiras para que se paren un pouquiño e se esforcen nas tarefas nas que teñen que empregar as mans e coordinar os movementos de brazos, mans e dedos. Non vou dicir que lles encanten de entrada, sei que lles implican un esforzo que non teñen moitas ganas de facer, pero entre todos podemos animalos a que fagan cousas por si mesmos e consigan autonomía. Cando lles damos todo feito, eles/as xa non van intentar nada polo tanto a nosa función é darlles pautas e indicacións para ir solventando por si mesmos certas cuestións, por exemplo:
- Darlles oportunidade de que suban e baixen pantalóns ou roupa interior.
- Indicarlles cómo se frotan as mans e deixalos que se sequen na toalla.
- Pedirlles que garden as súas cousas na mochila, así van abrindo e pechando cremalleiras.
- Indicarlles cómo poden abrir un paquete de galletas, ou un tupper. Procurade que os obxectos que van empregar sexan adaptados para eles (é certo que, ás veces, hai obxectos ou envoltorios que son difíciles de abrir para eles/as e precisan axuda, é normal, pero na medida do posible temos que facilitarlles que o fagan sós).
- Actividades como xogar coa plastilina, con bloques de construcción, ensartes, quebracabezas, o debuxo libre, o xogo simbólico (talleres con ferramentas, bonecos que visten ou desvisten, disfraces, cociñas, xogos de limpeza etc) son estupendos para que os máis pequenos traballen coas súas mans.
Esta semana estamos coñecendo xogos que hai na aula e tamén pintamos con pincel para ir afianzando a motricidade fina. Imos despaciño porque as rutinas costan traballo e levan bastante tempo. Pero pouco a pouco imos avanzando e mellorando. Seguro que pronto serán expertos nestas tarefas! Mirade qué concentrados/as están!
- “Lo que la mano hace, la mente lo recuerda.”
- “El movimiento ayuda al desarrollo psíquico y este desarrollo se expresa a su vez con un movimiento y una acción.”
- María Montessori
Que bueno....Lucas llega encantado a casa intentando explicar todo lo que hacen 😊
ResponderEliminarPues me gusta que quiera contar, nos cuesta hacer más cosas diferentes, no nos llega el tiempo😅😅😅 porque se revolucionan con facilidad y cuesta volver a centrarlos😅😅😅😅pero es la primera semana así que hay que darles tiempo y oportunidades de hacer cosillas. Gracias María por visitar el blog y dejar tu comentario.
Eliminar