domingo, 12 de octubre de 2025

PINTAMOS A CLEA

   Clea está sempre acompañándonos na Pementeira. Así que como nos parece unha porquiña moi simpática, decimos pintala e así seguimos practicando co uso do pincel. Xa se nota que hai ganas de facer as cousas ben, os nenos e nenas esfórzanse e controlar o pincel, en non pintar por fóra e en que Clea quede ben bonita.
































   Ademais de pintar, disfrutamos de contos moi divertidos como "¿Quieres ser mi amigo?" un libro de Eric Carle sobre un ratiño que buscaba amigos.

    Cando rematamos de escoitar as cancións e de ler o conto sempre facemos unha batidora para estirar os músculos despois de pasar tempo sentados.









    E, por suposto, sempre temos tempo de xogar porque o xogo é moi importante. O único quehai que perfeccionar é o momento de recoller que sempre costa traballo, pero bueno seguimos insistindo e seguro que a cousa mellorará.











1 comentario:

  1. Da gusto ver como traballan!! Que concentrados estan pintando a porquiña Clea!!
    Gracias por amosarnos as cousiñas que fan os pequenos pementeiros!!

    ResponderEliminar

TRIÁNGULO

      Xa coñecemos varias figuras xeométricas: o círculo, o cadrado e o triángulo. Imos memorizando rimas sinxelas e xogamos a clasificar fi...