jueves, 4 de diciembre de 2025

COUSIÑAS VARIADAS PRE-NADAL

    As semanas anteriores ao Nadal sempre temos moito movemento polo cole. Así que imos facer un resumo dalgunhas das tarefas, xogos e actividades diversas que nos ocupan estes días previos ás festas.

1.- Recollida de alimentos: 1kg./1 libro. Algúns pementeiros/as quixeron xa participar nesta campaña de recollida de alimentos para aquelas persoas que viven en situacións desfavorables e precisan da nosa axuda. Por cada kilogramo de alimentos aportados, os peques poden coller un libro. Grazas aos donantes de alimentos!!! Axudar aos que o necesitan é un acto de solidariedade e unha boa aprendizaxe para os máis pequenos. Compartir o que temos fainos mellores persoas; recoñecer que somos afortunados/as por ter todo o que temos é importante e, a partir de aí, mostrar un pouco de xenerosidade é un gran signo de humanidade.























2.- Concurso de postais de Nadal: como sabedes, o Equipo de Normalización da Lingua organizou un concurso de postais de Nadal Hoxe, un pementeiro trouxo a primeira postal para o concurso, quedoulle super chulísima, encantoume; díxome que a fixera co seu papá e a verdade é que fixeron un bo traballo, unha postal vistosa, coas cores típicas do Nadal, e na que se aprecia a man do neno, e iso é o bonito, que se percibe que hai traballo do neno e non a fixo só papá. Queredes vela? pois aí vai.



  Parabéns para os artistas!!!! A ver se alguén máis se anima a participar!

3.- Pintamos con rodillo. Estes días andamos moi axetreados pintando cun rodillo. Que estarán facendo estes/as pementeiros/as??? Pois ides ter que esperar porque só vos imos mostrar un pouquiño; o resultado final desta actividade xa o veredes...



























 




          

                                         










4.- A Ratiña Curiosa. Entre tarefa e tarefa, aínda temos tempo de cantar e bailar. Unha das nosas cancións favoritas estes días é a Ratiña Curiosa.

5.- Xogos e lecturas.
Sempre hai tempo para a música, pero tamén para a lectura e o xogo.








 


                   




               




COUSIÑAS VARIADAS PRE-NADAL

    As semanas anteriores ao Nadal sempre temos moito movemento polo cole. Así que imos facer un resumo dalgunhas das tarefas, xogos e activ...