martes, 9 de febrero de 2021

ACTIVIDADES NA CASA E VOLTA AO COLE

    E por fin chegou o momento de volver á aula e reencontrarnos para seguir aprendendo xuntos. Así que,  quero mostrarvos as últimas tarefas que recibín , que están xenial, e despois xa volvemos á normalidade do cole. Eso sí, esta semana un pouco especial porque estamos empezando xa a celebrar o Entroido.

    Julia sorprendeume elaborando un teatriño con todos os personaxes feitos con material de refugallo, e ata inventou unha historia que me encantou e que remata con fermoso alegato pacifista, cunha frase de Gandhi. Tamén pintou o que podía ver desde a súa ventá. ¡Parabéns por esa  creatividade!


 

   Leo tamén estivo facendo moitas cousas, por exemplo elaborando pasta de papel e cartón para modelar figuras ben bonitas, como por exemplo unha estrela. E, por suposto, fixo unha rima superchula e moi actual, e a súa DECENA de superzings.¡Xenial esas actividades!




 

 Pablo Olivera fixo o debuxo da ventá e a súa rima, que tamén nos di con moita seguridade e alegría. E como se debía de sentir moi poeta, quiso recitarnos o poema que ía nas fichas, "Navegando voy". ¡Estupendo!
 




   Bruno realizou unha presentación sobre animais en perigo de extinción que me deixou coa boca aberta por esa seriedade e contención diante das cámaras, como si se dedicara a esto toda a vida e polo ben que explica as acausas de que certos animais estén nese risco de desaparecer. E con esa conexión de temas e conceptos, que a min me gusta facer sempre e vexo que Bruno ten xa perfectamente interiorizado, xa elaborou a súa DECENA con animais en perigo de extinción. ¡Parabéns! Eso sí, entendo que esté traballando tan ben na casa, porque ten unha compañía que é inmellorable. Así todos traballamos mellor, verdade?
 


  Sara estivo moi traballadora e mandou un montón de cousas, unha rima estupenda recitada con moita soltura e alegría, ¡encantoume!, unhas decenas moi coloridas e variadas (teño que dicir que a miña favorita é a decena de froitas porque é todo un bodegón, unha foto moi pictórica que me gustou moito, moito) e debuxou a súa ventá. ¡Magnífico, Sara!


    E quédame Pablo Canabal que foi o primeiro en mandar xa o seu traballo sobre a simetría, que me gustou moito, porque entendeu moi ben o concepto e porque me encanta ver aos nenos e nenas pintar relaxadamente, disfrutando coas cores e expresándose con tranquilidade, con espontaneidade... ¡Moi bo traballo Pablo!



   Creo que non me queda nada no tinteiro. A verdade é que recibín moitos traballos dos nenos e nenas da Pementeira. Parabéns a todas as familias por esta implicación. É importante trater de manter certas rutinas cos nenos e que se manteñan ocupados de maneiras distintas. O xogo é fundamental par o seu desenvolvemento, e penso que tiveron tempo de xogar, pero tamén me gustou moito ver que moitas das propostas que vos fixen , as realizaron cun espíritu lúdico e cunha actitude moi relaxada e feliz que se transmitía nos vídeos e nas fotos e iso gustoume moito. Está claro que nun confinamnto non podemos poñernos cun exceso de correccións, ou insistindo en detalles concretos, porque a situación non é axeitada e os obxectivos fundamentais están logrados: os nenos/as fixeron cousas, estiveron participativos, aprenderon algunhas cousiñas novas, investigaron, crearon, leron e escribiron, cantaron e bailaron... Para min, a valoración é positiva.
   Agora toca volver a compartir espazos, atención dos adultos, materiais, ter horarios máis estrictos... pero o máis importante é reencontranos cos compañeiros, aprender xuntos, iniciar novas propostas nas que poidamos colaborar todos e... disfrutar do Entroido. ¡Imos alá!





lunes, 8 de febrero de 2021

SIMETRÍA

    Empezamos outra semana #confinadosperoanimados. Eu estou segura que xa a partir de mañán, aínda que sexa de xeito progresivo, estaremos no cole traballando xuntos como debe ser.

   Pero en fin, hoxe volvemos a empregar un vídeo como medio de comunicación e como presentación dun novo concepto: a SIMETRÍA. Pero esperade, esperade, que antes hai que cantar un pouco, mover o esquelete e escoitar un conto e, despois... ¡a traballar coa simetría!

    Hoxe déixovos aquí outra mostra das cancións que disfrutamos con frecuencia na Pementeira, para empezar o luns con alegría e ritmo.





  Xa movemos un pouco o corpo, así que agora relaxámonos e imos escoitar un conto. Frederik é unha historia cargada de significado, que fala da importancia das sensacións e as emocións, da importancia das historias e da poesía, da importancia, en definitiva, que ten para todos nós soñar, sentir, imaxinar e crear. Así que, escoitade este conto e reflexionade sobre o moito que necesitamos as palabras e as imaxes que nos permiten transportarnos a outros lugares. ¡Disfrutade con este ratiño poeta!

   E agora, mira o vídeo con atención e seguro que entenderás moi rapidamente que é iso da SIMETRÍA.


    E agora clica na imaxe da rá e terás un arquivo cunhas actividades impresas sobre este tema.

   Tamén podes expeimentar coa simetría si tes un espello pequeno. Debuxa só a metade dun dunha imaxe e co espello podes "completar" a figura, porque o reflexo será como a outra metade que lle faltaba.

  ¡Que teñades un bo luns e espero vervos xa prontiño en persoa! E recordade que mañán empezan as Mandas do Meco.

#confinadosperoanimados

sábado, 6 de febrero de 2021

CONFINADOSPEROANIMADOS E NOVAS DO ENTROIDO

    Rematamos a primeira semana de confinamento e teño moitos traballos para mostrarvos. A verdade é que estes pementeiros/as están moi traballadores/as. Así que veredes de todo: rimas, traballos sobre as decenas, debuxos de ventás, investigacións sobre animais en perigo de extinción... Mirade todo atentamente porque os traballos son moi interesantes.

  Iraide, preparada para traballar con todo o entusiasmo do mundo. Traballou as decenas, escoitou o conto, atendeu ás miñas explicacións e sei que anda a investigar sobre algún animal en perigo de extinción. ¡Así se encaran as tarefas!








    Pablo Canabal, sempre coa súa orixinalidade e sentido do humor, estivo traballando coas decenas. ¡Bravo!





    Moisés e Aroa elaboraron as súas propias cariñas para poñerlle os 10 pelos.¡Xeniales!

    Erik Vázquez sentíase especialmente artístico e pintou a súa ventá con moita dedicación e un resultado máis que notable. ¡Parabéns!


 

    Valentina tamén estaba inspirada e buscou rimas no conto da Mosca Chosca, explicou os sentementos que lle xeneraban as pinturas das ventás, elaborou a súa propia rima, investigou sobre os elefantes. ¡Parabéns por tanta dedicación!
 


   E Manuel tamén está traballando moitísimo e progresando na lectura poñendo moito interés. ¡Bravo! 








   ¡Parabéns a todos, nenos/as e familias! Estades facendo un gran esforzo así que teño que felitarvos a todos. Xa rematamos a primeira semana de confinamento e a ver se a próxima semana pode ser xa presencial no cole para retomar a rutina.
   De todos xeitos, como aínda non teño confirmación de nada e non sei como vai estar a cousa, pois quería falarvos un pouco do Entroido.
   O martes comenzarían as mandas do Meco que son as seguintes:
  Se xa estamos no cole, pois iremos cada día cumplindo a manda correspondente. Se seguimos confinados, a miña proposta é que respetemos as mandas igualmente na casa:        
#confinadosperoanimadoscoentroido

    O venres teño plena confianza en que estaremos todos xa na aula. Este ano tan complexo, o centro decidiu que o tema dos disfraz sexa completamente libre, así que por suposto cada neno/a pode vir como queira. Tendo en conta que estamos confinados, aínda temos máis dificultades para ir mercar calquiera cousa que precisemos para elaborar o noso disfraz así que o que menos quero e darvos máis traballo e preocupacións. Eu mesma, non podo saír da casa e aínda non sei como facer o meu disfraz xa que terei que aproveitar o que teña pola casa.

   Así que, liberdade `plena para o disfraz. E, o que propoño como idea por si alguén se anima, ten ganas e pode facelo é a seguinte:
  Normalmente en infantil xa fai moitos anos, intentamos que os disfraces teñan algo que ver co tema do Proxecto. Pois ben, poderíamos vir disfrazados de moitas cousas porque o proxecto Ubuntu engloba un montón de temas:
  • Animais dos equipos: abellas, formigas, suricatas, lobos... (ou calqueira outro que colabore cos seus conxéneres, que viva en grupo e teña comportamentos sociais como os pingüíns por exemplo)
  • Personalidades Ubuntu: homes e mulleres que loitaron por facer un mundo mellor e máis xusto (calqueira dos traballados na aula -Malala, Wangari Maathai, Marie Curie, Martin Luther King etc.- ou que de repente se vos ocurran)
  • Activistas, ecoloxistas, científicos, médicos, investigadores, naturalistas, exploradores...
  Aí entraría a imaxinación de cada un, podería facerse un disfraz que teña que ver co coidado do planeta, coa investigación e a ciencia, coa paz... Poderíase convertir un superheroe "tradicional", por exemplo, un Superman imaxinade, nun superheroe ecoloxista, pacifista ou naturista ou nun defensor da Humanidae frente ao virus... pensade si con disfraces que xa tendes pola casa, podedes "transformalos" de xeito orixinal en cousas deste tipo que teñan que ver con Proxecto, poñéndolle pegatinas ou cartulinas con mensaxes ou mesturando a capa do superheroe coa roupa típica dun científico que busca a vacuna... 
   Poñóvos algunha imaxe, tendo en conta que se podería convertir un "cazapantasmas", nun cazacoronavirus. Ou un disfraz de Unicornio Arcoiris, nun defensor do planeta, un dizfraz de muller árabe pode convertirse en Malala, un explorador/a pode transformarsecon pequenos detalles nunha Jane Goodall ou Felíx Rodríguez de la Fuente, unha científica en Marie Curie o Gertrude Belle Elion... é cuestión de imaxinación.









   En fin son unicamente ideas, por si vos resulta divertido e vos permite reutilizar o que xa tendes na casa. Traballando coa imaxinación, a reciclaxe e buscando un pouco a unión do grupo.

  E para rematar con enerxía. Aquí vos deixo unha canción moi animada que a partir de agora escoitaremos os mércores que o día da froita no cole. Inglés, baile e comida sana con esta canción tan divertida. ¡Veña, todos a bailar!


FIN DE CURSO 2026

     O remate do curso 2025-26 foi espectacular. Tivemos un festival cheo de ritmo, con moito público e moitas ganas de festa. Pero antes do...