
Hoxe martes, imos dedicar a xornada á musica en homenaxe ao gran compositor Johan Sebastian Bach que naceu un 31 de marzo (nalgunhas fontes aparece o 21 de marzo) en Eisenach, na actual Turingia (Alemania).
Bach é un compositor que a min me gusta moito e emprego as súas obras en multitude de ocasións no cole. Por exemplo, relaxámonos escoitando "Aire" e repetindo un sinxeliño esquema rítmico (shhh,shh, pa) que nos axuda a percibir o ritmo e a cadencia da melodía e a manter a concentración e a calma. Ese esquema rítmico curiosamente é o mesmo que marcamos, con máis intensidade e velocidade coa canción de Queen "We will rock you" que seguro que todos coñecedes perfectamente.
Aquí vos deixo un vídeo do violinista David Garret interpretando "Aire" de Bach. Veredes qué beleza de composición, cómo nos relaxa e nos transporta a un lugar cheo de armonía.
E agora a ver se vos animades todos a cantar, bailar e marcar ritmos. A miña proposta hoxe é marcar o ritmo da canción KOKOLEOKO (como non, unha canciociña africana). Primeiro podedes escoitar a canción un par de veces para collerlle o ritmo...
Agora que xa sabedes a canción podedes practicar o ritmo en solitario, eu fágoo co djembé aproveitando que o teño na casa pero vós podedes marcar a pulsación nunha mesa ou en calqueira tambor ou obxecto similar que teñades. Os que fixéchedes un djembé como Enzo e Icía xa estades máis que preparados para tocar.
E, por último, se alguén se anima a cantar e marcar o ritmo en parella, aquí tedes outro vídeo para completar a proposta musical de hoxe.
Espero que disfrutedes.
Por certo, se alguén se anima a enviarme un vídeo coa vosa interpretación de Kokoleoko, estarei encantadísima de recibilo e compartilo no blog. Recórdovos o meu correo:
profetetedeinfantil@gmail.com