Con motivo da celebración do Día do Libro, decidimos facer as nosas recomendacións para aqueles nenos e nenas que teñan ganas de ler. Cada pementeira/o pensou cal é o seu libro favorito e despois de escribir o título fixo un debuxo sobre el. Non me sorprendeu nadiña que o conto máis recomendado sexa Kirikú e a bruxa Karabá porque é unha historia que sempre triunfa e eu teño a sorte de ver as caras dos peques cando llo conto, así que non teño unha mínima dúbida do moito que disfrutan con este pequeno africano. En fin, aquí están as suxerencias destes nenos e nenas.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 27 de abril de 2022
RECOMÉNDOCHE UN LIBRO
domingo, 24 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO
Onte, 23 de abril, conmemorábamos como cada ano o DÍA DO LIBRO. Na Pementeira sempre temos presente a importancia dos libros nas nosas vidas, como instrumentos de formación, de transmisión cultural pero tamén como vehículos de evasión, de disfrute e de expresión e canalización de emocións. Así pois, ademais de calqueira actividade que se poda planificar , a mellor maneira de darlle valor aos libros é empregalos nas aulas e nas familias, tocalos, contemplalos, mergullarse nas súas palabras e nas súas ilustracións, vivilos, comentalos, e deixar que as nosas sensacións vaian fluíndo libremente con eles.
UN VENRES ESTUPENDO
Un día estupendo na Pementeira! Aproveitamos ben o tempo, estivemos rematando as bolsas nas que os nenos e nenas levarán os seus traball...
-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...