Vaia día de troula máis divertido. O remate do primeiro trimestre foi emocionante, divertido e cheo deactividades. Recibimos aos Magos brincando de alegría, entregamos as cartas e recibimos uns agasallos, disfrutamos de xogos tradicionais, escoitamos un conto (desgraciadamente o mago que tiña que acompañarnos púxose enfermo pola noite e non puido vir), comemos de todo na merendola de infantil, sacamos mancheas de fotos de Nadal, celebramos o fin de ano coas "uvas" da sorte, bailamos un montón e pasamos unha xornada auténticamente divertida como debe ser o Nadal!

