UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
jueves, 11 de abril de 2024
EMPEZAMOS UNHA VIAXE POR ÁFRICA
Julio Verne fíxonos viaxar, coas súas narracións, por todo o mundo. En "Cinco semanas en globo" vainos mostrando cousas ben interesantes do continente africano desde a illa de Zanzíbar ata Senegal. Nós para ir entrando en materia estamos organizando un recuncho africano na aula, estamos lendo contos africanos, escoitando e cantando cancións africanas, coñecendo instrumentos musicais africanos e mergullándonos así, cada día, na abraiante cultura africana.
Algúns pementeiros e pementeiras xa empezaron a aportar materiais diversos para o recuncho.
Como vedes xa temos bastantes cousas e o noso recuncho vai tendo un aire moi africano: telas, libros, un puzle, dous colgantes, un anel faraónico, unhas babuchas, area do deserto do Sahara, sal do Lago Retba, fotos, un baobab de madeira (feito por Diego, un carpinteiro padronés), instrumentos musicais, unha vaina de flamboyán, rosas do deserto, un elefante e unha xirafa de madeira, un león de peluche, un lienzo de Kirikú (que me regalou fai algúns anos unha pementeira chamada Sara que sabía ben que eu son unha fan absoluta deste pequeno intrépido), e seguro que irán chegando máis cousiñas.
Para ir entrando en materia lemos algunhas historias ambientadas en África. Unha delas, Kirikou e a bruxa, é unha xoia a todos os niveis: a narración está chea de emoción, a película de animación está feita con moito coidado mostrando unhas imaxes cheas de beleza, a música é fantástica (composta polo xenial artista senegalés Youssou N´Dour) e os valores que se transmiten a través deste neno pequeno e valente son importantes e de carácter universal. Coñecer a Kirikú e non quedar prendado de el é imposible.
Leer historias noutros lugares, países, continentes do mundo permite que os nenos e nenas amplíen os seus horizontes, asuman as diferencias de razas, culturas, tradicións, linguas, relixións, se acheguen á diversidade en calqueira aspecto da vida dun xeito normalizado promovendo así uns valores de igualdade que todos deberíamos ter perfectamente interiorizados. Cando os pequenos só ven unha cor de pel, un tipo de roupas, unha paisaxe determinada, e só escoitan un tipo de música e unha lingua, o máis probable é que medren convencidos/as de que iso é o "normal" e todo o que sae fóra dese tipo de realidade consíderase raro, e mesmo inaxeitado. Animade aos peques a coñecer a riqueza cultural e natural do noso mundo.
Unda das árbores máis peculiares e emblemáticas do continente africano é o Baobab. Unha árbore da que existen sete especies diferentes no mundo, seis das cales medran en África e só unha especie medra en Australia. Unha árbore imponente que pode chegar a medir 30metro de altura e 11 metros de diámetro. Nós estivemos aprendendo moitas cousas do baobab e facendo unha actividade impresa para rexistrar esta información, Tamén propuxen un reto de investigación: ¿con qué outros nomes é coñecido o baobab? Pois ben, un pementeiro e unha pementeira acordáronse de investigar na casa e trouxeron a resposta (parabéns para estes dous investigadores)
O Baobab é coñecido como:
Árbore do pan do mono.
Árbore botella
Árbore das palabras
Avenida dos baobabs (Madagascar)
Para facernos a unha idea do enorme e imponente que pode ser un baobab, saímos ao patio, metro en man, para debuxar no chan un tronco de baobab e comprobar senós seríamos capaces de rodealo coas mans entre todos. E fixádevos, o que fixemos foi medir un diámetro de cinco metros e non de once (que pode chegar a alcanzar esta árbore), e aínda así tivemos que estirarnos ben para poder rodear ese tronco imaxinario e ata imaxinamos que entrábamos dentro e podíamos movernos nese espazo.
Agora, tras o paso destas borrascas que nos deixaron un tempo tan invernal, empezamos a disfrutar do soliño e volvemos a facer os noso picnics.
E entre cancións, relatos, medidas, investigacións, actividades impresas, e picnics aínda temos tempo de xogar, imaxinar e crear.
No hay comentarios:
Publicar un comentario