jueves, 4 de abril de 2024

MESTURAMOS CORES

      Con isto da chegada da primavera, falamos de flores e de cores. Por exemplo aprendemos que os tulipáns, que son todo un símbolo de Holanda e que enchen de franxas multicolores os seus campos, en realidade proveñen de Asia e chegaron a Europa da man do embaixador de Austria en Turquía que se namorou destas flores e levou os bulbos ao seu país. Posteriormente, un botánico levou os bulbos a Holanda e, agora, este país é o principal productor de tulipáns do mundo.


       Así que, inspirados por esta explosión de cores, empezamos nós a aprender cousiñas sobre as cores.

           1.- As cores primarias son tres: Vermello, amarelo e azul.

     2.- Coas tres cores primarias, podemos elaborar as cores secundarias.

              3.- Facemos un experimento para obter as cores secundarias e  xogamos  coas mesturas.








                        
                                      
                                       

                 

                                                 


                                        


























    E a continuación seguimos experimentando coas cores primarias pero, nesta ocasión, empregando agua. Preparamos vasiños coas cores primarias, por parellas, diluídas en agua (azul e vermello, azul e amarelo, vermello e amarelo) e outros vasiños con auga limpa para colocar no medio de cada parella.  E a continuación, ¡maxia!, cun pouco de papel como canal de transmisión conseguimos que as cores  foran pasando ao vaso do medio e se foran mesturando sen que nós fixéramos nada. Pero a cousa foi a modiño e tivemos que esperar un día enteiro. Eso sí, foi divertido chegar pola mañán e observar o resultado do experimento.










































   A través do papel, as cores foron pasando aos vasos do centro, mesturáronse e deron lugar ás cores secundarias: violeta/morado, verde e laranxa.














No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...