miércoles, 24 de abril de 2024

XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

     Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matemática, a organización espacial, a lecto-escritura... 






Tamén temos algúns libros novos.
















 


       O luns recibimos a visita duns nenos e nenas de Pontecesures, que coa súa profe de lingua, nos obsequiaron cunha representación de Kamishibai, unha bonita forma de contar contos que ten a súa orixe en Xapón e que emprega un pequeno teatriño de madeira na que se mostran as esceas da obra en papel pintado. Foi moi divertido porque tamén cantaron e e bailaron a canción de Bartolito.



























   Tamén celebramos o Día da Terra, falamos da importancia de coidar o noso planeta e ser uns super-heroes protectores das augas, os animais, as plantas e todas as marabillas do noso Planeta Azul.






















      E o martes celebramos o Día do Libro lendo contos, escoitando as narracións dos nenos e nenas de 6º e visitando a "Feira do Libro" na biblioteca.



































     E sei que pola tarde houbo bastantes compras. Espero que todos/as disfruten cos libros tanto coma min porque os libros son amigos excelentes que sempre nos dan sorpresas, nos ensinan cousas e nos fan vixar por mundos reais ou imaxinarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...