Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.000 metros de altitude. Conta unha lenda que moi cerca da cima do Kilimanjaro se atopou o esqueleto dun leopardo e resulta sorprendente que ese animal chegara alí, ¿qué iría facer un leopardo tan arriba? O lugar onde din que estaba ese esqueleto coñécese como Leopard Point.
E se coñecemos o monte máis alto de África, tamén temos que saber que o monte máis alto de España é o Teide (seguido do Mulhacén e o Aneto) e de Galicia é Pena Trevinca.
Despois de ver imaxes fermosísimas e falar un pouquiño destas montañas, fixemos unha ficha para recordar o que aprendemos.
Seguimos recibindo cousiñas para o recuncho de África.
No hay comentarios:
Publicar un comentario