Por fin recibimos o segundo exemplar de "Novas de Infantil" deste curso 2023-24. Tardou un pouquiño máis do previsto (a pesar de que o tíñamos listo para imprimir, tivemos que buscar unha imprenta que nos fixera un precio un pouco máis axustado) pero finalmente aquí está, cheo de información, de imaxes e de recordos deste segundo trimestre do curso. Todos os nenos e nenas o recibiron con alegría, coma sempre, mirando con interés as fotos, buscándose nelas, recordando as diferentes actividades nas que particparon... Esperamos que na casa tamén o disfrutedes.
O venres tamén fixemos unha actividade de lecto-escritura moi divertida. Tratábase dunha adiviña que fomos lendo entre todos.
Ahora, na nosa aula tamén temos un león e outros animais africanos, para ir entrando nese ambiente africano que esperta os nosos sentidos e nos vai atrapando cada día máis.
Seguimos aproveitando o bo tempo para facer picnics. Merendar fóra, respirar aire fresco, saír da aula con máis frecuencia é agradable e fainos sentir un pouco mellor, xa que pasamos bastante tempo entre catro paredes, nun espazo que tampouco é tan grande para 22 nenos/as. Así cando o tempo é agradable, gústanos estar fóra.
Como se prestan esos picnics ao aire libre.
ResponderEliminarPor certo, que artistas, os debuxos son impresionantes 🦁
Moitas grazas por enviarnos o xornal😊