Este terceiro trimestre está sendo como o xogo da oca, sí, imos de oca a oca, de ponte a ponte ou de dado a dado, sin pausa pasamos dunha actividade a outra. Eso sí, aquí non hai cárcere onde temos que ficar encerrados sen facer nada esperando o novo turno. Na Pementeira sempre hai actividades, e moitas non podemos mostralas no blog porque é imposible gravar todo ou sacar fotos en certos momentos. Pero o que está claro é que sempre estamos activos/as.
Así que comezamos! O primeiro é felicitar a Antón porque xa ten 6 anos e o mércores celebramos a súa festa de aniversario con apagado oficial de candeas, canción e reparto de galletas como é habitual.


Celebrar un aniversario sempre é un acontecemento na Pementeira, pero esta semana, o martes, tivemos outro acontecemento máis, o concerto de Pakolas na Fundación Camilo Xosé Cela. Desde a viaxe no bus ata os bailes a ritmo de rock-and-roll, a xornada do martes foi moi divertida.





E, para rematar esta entrada, informamos de que por fin recibimos o segundo exemplar do xornal Novas de Infantil deste curso 2024-25. Todos/as estiveron lendo e observando todas as imaxes e os códigos QR (que agora lles interesan moito) con moita atención, disfrutando de recordar todas as actividades que fixemos no segundo trimestre. Mañán xa levan cada un/ha o seu exemplar na bolsa do pasaporte. Esperamos que a todas as familias lles agrade ver este resumo da vida escolar.
E aínda nos quedan moitas cousas que contar!
Todo un éxito Pakolas!!! 👏👏
ResponderEliminarAgardamos con emoción o xornal 🥰