lunes, 19 de mayo de 2025

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    17 de maio, unha data importante para os galegos, para a nosa lingua, para a nosa cultura e para as nosas tradicións. No cole tamén queremos resaltar cada día que a nosa identidade como galegos vai da man da nosa fala como afirmaba Manuel María no seu coñecido poema Galicia:

Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos,
¡cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pero ha outra Galicia
que vai no sentimento!

  Así que intentamos valorar a nosa lingua cada día e, de xeito especial, neste mes de maio no que conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
    Estivemos traballando cunha canción que fala dos paxariños que nos aportou a profe Blanca, mestra de música e coordinadora do Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua.































































Como este ano o Día das Letras Galegas está adicado ás Cantareiras, nós tamén quixemos homenaxealas. E despois de tantas actividades... ¡festaaaaa! con Arreixeira que nos fixo cantar e bailar.




























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

GALOPÍN, FOLLAS DE OUTONO E IOGA

    Non sei se os pementeiros e pementeiras falan na casa de Galopín porque na aula disfrutamos moito con el. É un cabaliño moi viaxeiro que...