Esta semana tivemos dúas actividades divertidas no cole. O xoves celebramos o 50 aniversario do CEIP Rosalía de Castro cun concerto do inxenioso e animadísimo Brais das Hortas, e unha gran festa con colchonetas, toro mecánico e xogos variados así como unha merenda con trata de cumple e froita. A xornada foi intensa e todos os nenas e nenos acabaron agotados despois de tantos xogos e emocións.

Tras a celebración do aniversario do cole, o venres baixamos a Padrón, invitados/as polo CIM Terras de Iria para conmemorar o Día da Diversidade e promover unha reflexión sobre a importancia de respectar as diferencias culturais e sociais, as tradicións doutros pobos, e a diversidade personal cunha función teatral, un contacontos sobre a importancia de non encamiñar aos pequenos e pequenas cara uns roles sociais preestablecidos, inamovibles e profundamente estereotipados: "Daniel e Daniela".
No hay comentarios:
Publicar un comentario