Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. É certo que todosos días do ano deberíamos ter presente a importancia dunha convivencia pacífica, a, a necesidade de desenvolver estratexias para a resolución de conflictos desde unha perspectiva dialogante, asertiva e aberta ante as diferentes opinións. Vivimos nun mundo cheo de guerras, de conflictos armados, de situacións nas que non se respectan os dereitos humanos. Por iso a educación dos máis pequenos é moi importante, porque eles/as serán os que no futuro teñan a oportunidade de gobernar o mundo, de tomar decisións e de actuar de acordo a uns principios éticos que respecten as diferencias, e os dereitos dos demais ou non. Vivimos en sociedade e iso implica comprender que temos que compartir moitas cousas, e por iso é fundamental comprender que non somos importantes de xeito individual senón que o somos formando parte dun conxunto que funciona se todos/as se comprometen a aportar algo.
Na escola intentamos que desde pequenos/as os nenos e nenas comprendan que forman parte dun grupo pequeno (a aula), que está dentro doutro máis grande (ociclo de infantil) e outro aínda máis grande (o centro escolar) e que o que facemos cada día ten que ter en conta a todos os membros do grupo. Para eles/as, que aínda son pequenos, é difícil superar o egocentrismo no que viven (algo normal xa que se necesita unha evolución biolóxica, intelectual e unha experiencia vital para facelo) pero nós intentamos ir poñendo as bases para que, pouco a pouco, vaian facendo reflexións, vaian madurando e vaian comprendendo que, aínda sendo seres únicos e irrepetibles, forman parte dunha comunidade no que cada membro merece a mesma atención, comprensión, oportunidades e respecto aos seus dereitos.
Por iso esta conmemoración ten un valor indiscutible, porque un momento no que todo o centro escolar se reúne para facer fincapé neses principios que LLorenç Vidal Vidal tivo en conta cando puxo en marcha esta iniciativa de celebrar o Día da Paz nas escolas, seguindo a estela das ensinanzas de Mahatma Gandhi, os principios da non violencia activa, a resistencia pacífica e o amor universal. A data do 30 de xaneiro foi elixida precisamente para homenaxear a Gandhi asasinado nesa datano ano 1948.
Recordamos as súa máxima: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño". E ligamos esta afirmación coa reflexión de Gloria Fuertes (unha das protagonistas do noso Proxecto Blablalandia): "Un neno cun libro de poesía entre as mans, nunca terá de maior un arma entre elas".
Démoslles poesía aos nenos e nenas!
Na Pementeira empezamos a preparar o Día da Paz con bastante tempo para ir promovendo a reflexión sobre valores como a importancia de compartir, o respecto a unhas normas de convivencia para que todos/as estemos ben no grupo, o traballo en equipo e a colaboración para lograr obxectivos máis elevados...
Estivemos lendo historias como estas...
Coñecemos por que a pomba branca coa ramiña de olivo é o símbolo da paz achegándonos ao relato bíblico da Arca de Noé, e contemplando a litografía que Picasso diseñou para o Congreso Mundial pola Paz.
Recibimos a visita de Axel e Lorena, alumnos de 6º de Primaria, que viñeron lernos a historia de Filípides que en plena guerra entre os atenienses e os persas foi correndo desde Maratón a Esparta para levar unha mensaxe pedindo axuda aos espartanos. A súa fazaña deu orixe ás maratóns, carreiras de 42 km., que se corren en todo o mundo.
Cantamos todos os días a canción "unha soa voz" de Macaco, tema elixido polo equipo de extraescolares para a conmemoración deste ano.
Entre todos/as elaboramos unha declaración de intencións (en forma de poema, claro, non podía ser doutro modo) para lograr a paz na Pementeira e, despois, a profe escribiuna nunha á dunha pomba para formar un libro xunto coas propostas que fixeron todas as demais aulas do centro. Ese compendio de compromisos leeuse o día 30 na celebración que fixemos no patio cuberto.
Tamén coloreamos unha man cunha pomba branca, o símbolo da paz por excelencia, que levamos para a casa.
E coloreamos unhas letras para o noso MURO DOS POEMAS POLA PAZ, que foi construído coas caixas de zapatos aportadas por vós. Despois todos os nenos e nenas de infantil fomos para a aula de psico para colocar sobre o muro o título e os poemas que escribiron os nosos compañeiros/as de 4 e 5 anos.
E despois de tantas cousas, chegou o momento de celebrar este día no patio cuberto con todo o alumnado e mestres do centro. Primeiro escoitamos a lectura dos diferentes compromisos que se adoptaron en cada aula, despois colocamos unhas candeas formando a palabra PAZ no chan e, finalmente, cantamos xuntos "Unha soa voz" de Macaco. Foi un día ben completiño, cheo de actividades e de sentementos compartidos.



