Empezamos o venres cun conto para reflexionar. ¿cal pensades vós que é a cousa que máis doe do mundo? Pois neste conto vanvos explicar cal é A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO.
Como nos toca pasar uns días confinados, supoño que miraremos bastante polas nosas ventás. Así, continuamos o venres cun pouco de arte coñecendo algunhas fermosas pinturas que conteñen ventás. Cando volvamos á aula, incluiremos estas obras de arte no noso conxunto de Bits de Intelixencia. Así imos engadindo máis emoción.
MAÑÁN SOLEADA. EDWARD HOPPER
MULLER NA VENTÁ. SALVADOR DALÍ
DÚAS MULLERES NA VENTÁ. MURILLO
MOZAS NO BALCÓN. EDOUARD MANET.
LECTORA NA VENTÁ. JOHANNES VERMEER
Todas estas obras de arte, mostran a soedade de alguén que desde da súa casa contempla o que pasa fóra ou realiza algunha actividade aproveitando a luz que entra pola fiestra. Dalgún xeito pode recordarnos a nosa situación confinados no fogar sin poder sair, verdade? Pode ser que algunha destas pinturas inspire un pouco de tristeza, outras poden transmitir curiosidade, alegría, esperanza...
Pensa:
1.- ¿Cal desas pinturas che gusta máis? ¿Por qué?
2.- ¿Cal che transmite más alegría?
3.- ¿Cal che transmite máis tristeza?
4.- Imaxina o que están pensando cada una das persoas que se ven nestas pinturas. Podes escribir nun papel os pensamentos que ti supós que teñen .
E agora, mira estás pinturas tan cheas de cor de Henri Matisse. Este artista pintou moitas ventás porque él consideraba que eran moi interesantes xa que expresaban un canle de comunicación entre o interior e o exterior, unha ponte que une dúas realidades. ¡Mirade que ventás tan alegres pintou Matisse! ¡A que molan!
E agora tócache a ti ser o artista. Tes que pintar a túa ventá como a ti che guste, como ti a ves, contigo diante ou coas cousas que podes contemplar... Ti eres ahora o creador!
E ¿recordades esta pintura? Seguro que sí...
"Paulo vestido de Arlequín" de Pablo Picasso. Como queda pouquiño para o Entroido, acordeime deste neno disfrazado, igual que vós que dentro duns días tamén vos ides disfrazar, ou eso espero... Si clicades na imaxe inferior, na paleta de cores cos pinceis, poderedes abrir un arquivo que contén algunhas obras de arte das que hoxe falamos aquí para que as poidades colorear se vos apetece. Recordade que debuxar, pintar, colorear debería ser algo que nos faga sentir ben, que nos faga disfrutar, reflexionar, concentarnos nas nosas emocións así que no me gustaría que ninguén o fixera obrigado, enfadado ou sin ganas, vale?. Animádevos a disfrutar da actividade, das emocións que vos provocan as imaxes, as cores, os trazos... a ¡veña! ¡a pasalo ben!
E agora toca mostrar traballos que chegan das casas. Mirade qué interesante! David fálanos do MANATÍ DO CARIBE, outro animal en perigo de extinción.
E David, que está moi traballador, tamén nos envía a súa DECENA.
E ademais, David é todo un mestre que fai gala dos seus coñecementos compartíndoos coa súa irmá pequena, que cun profesor tan bo seguro que aprenderá moitas cousas. Mirade, mirade...
Erik Pérez tamén está moi traballador, fai de todo, desde as tarefas que se propoñen no blog ata cociñar unhas magdalenas ben apetitosas ou facer pilates con mamá. Este confinamento está sendo ben productivo...
Damián tamén mandou a súa investigación sobre o oso polar, un animal en perigo de extinción, e a súa rima. Como vedes, cada día estamos xa convertíndonos en auténticos comunicadores diante dunha cámara. En fin. novas habilidades acordes cos novos tempos.
Hoxe, 4 de febreiro, é o aniversario de Rosa Parks. ¿Acordádesvos dela, verdade? Aroa presentounos a esta muller que loitou polos dereitos civiles e a igualdade entre negros e blancos, e que foi amiga de Martin Luther King do que nos falou Pablo Canabal.
Así que hoxe adicámoslle a xornada a ela.
E antes xa de presentarvos as actividades do día, quero compartir con todos/as as cousas que me van chegando das casas, e que me alegra moito recibir porque estou vendo que é certo que estamos #confinadosperoanimados.
Aroa explícanos nun vídeo todo o que investigou sobre a foca monxe. ¡Encantoume vela ler xa con tanta soltura e con esa expresividade que tantas veces perdemos os adultos! ¡Xenial! ¡Bo traballo Aroa!
Pablo Canabal xa fixo unha rima que lle quedou perfecta, e o máis importante é que na casa disfrutaron coa actividade e botaron unhas risas. Escoitade con atención a súa rima e disfrutade da toma falsa. ¡Parabéns, Pablo, pola rima e polo sentido do humor e a espontaneidade! A risa ten poder curativo, así que benvida sexa.
¡Grazas familias por enviarme tantas cousiñas! Gústame ver aos pementeiros/as con esa enerxía, boa cara e ganas de traballar. A verdade é que estades facendo un gran traballo.
E agora xa vos presento o tema de hoxe: a DECENA. Mirade o vídeo que vos preparei, atendede ben, escoitade con atención e enteredes perfectamente o que é unha decena. Despois facede as actividades que aparecen no arquivo adxunto que se abrirá clicando encima da imaxe da acriña que está a continuación do vídeo.
Y después de tanto trabajo mental, toca un poco de ejercicio físico. Aquí os dejo un vídeo con una historia entretenida con posturas de yoga. Y no os olvideis que podéis poner canciones, practicar ritmos y bailar con los vídeos que tenéis en la parte lateral del blog.
Bastante relacionado co Proxecto Ubuntu, o pasado xoves planteei un RETO na Pementeira. De vez en cando, cando xurde de maneira espontánea na aula, gústame presentarlle aos nenos e nenas algún reto que consiste en pedirlles que investiguen sobre algunha cuestión da que queremos aprender máis cousas das que xa sabemos. O caso é que non hai aviso previo, que non mando comunicación ás familias e que unicamente o deixo caer na aula, eso sí, voullo recordando ao longo do día, e de paso comprobo como andan estes pementeiros/as de atención e memoria. O xoves vendo un libro novo que acabo de comprar, empezamos a falr dos animais en perigo de extinción. Así o reto plantexado foi o seguinte:
Buscade algún animal que se atope en perigo de extinción.
Pois un neno e dúas nenas da clase (polo que sei ata o de agora) acordáronse do reto e cada un buscou un animal en perigo de extinción. Saúl fálanos do rinoceronte negro e mirade que ben se explica no vídeo.
Martina trouxo un debuxo do tigre de Sumatra.
E Aroa fixo unha profunda labor de investigación e recollida de datos da foca monxe do Caribe. Escribiu ela soa a información máis importante.
¡Parabéns aos investigadores con boa memoria e con ganas de traballar! E xa sabedes a partir de agora vou poñer retos porque é unha actividade que me gusta moito facer cos nenos/as de 5 anos.
E como xa vos estades enterando do reto que propuxen, se alguén máis se anima a investigar sobre un animal en perigo de extinción, eu estarei encantada de recibir traballos e compartilos convosco.
Hoxe déixovos aquí o conto "A casa da mosca chosca", e a canción correspondente, porque quero plantexarvos un xogo de palabras que rimen e neste conto hai moitas rimas. Escoitádeo con atención e podedes ir anotando as palabras que riman.
Xa sabedes que a min me gustan moito as rimas e, de feito, ás veces lemos na aula as Rimas arbóreas que fixemos o curso pasado e que vos dan moita risa. Xa sabedes o que quere dicir que as palabras rimen, verdade? As palabras que riman son as que rematan igual ou de maneira moi, moi similar. É dicir que cando pronunciamos esas palabras, xa nos damos conta de sona igual ao final, por exemplo:
RATO-BURATO
As dúas palabras rematan en -ATO.
Mirade estas rimas...
E agora buscade vos, as palabras que riman. Mirade os debuxos, pronunciade cada palabra e descubride cales riman.
Pois agora aquí tedes unhas tarxetiñas con palabras en galego e en castelán para que traballedes coas dúas linguas. Podedes recortar as tarxetiñas, barallalas e despois ir buscando as que rimen entre si. Pode haber máis de dúas pcións. Escribinas en maiúsculas e tamén en minúscula de imprenta porque moitos nenos xa se lanzan a ler as minúsculas e así todos se van afacendo a velas e asocialas coas grafías correspondentes en maiúsculas. Podedes tentar leer vós cada tarxeta ou pedir axuda a alguén. O importante é descubrir esas rimas, educar o oído para descubrir os sonidos iguais ou semellantes.
Clicade na imaxe inferior para descargar o arquivo:
Vedes que as tarxetiñas non teñen imaxe. para esforzarnos máis na lectura. Podedes xogar a ler simplemente, ou a asociar cada palabra en maiúscula coa correspondente en minúscula (se recortades polo medio), ou a buscar as parellas que riamn ou mesmo se hai máis dunha parella que comparta rimas. Podedes facer debuxos das palabras de cada tarxeta para pegar pola parte de atrás, ou xa vos propoño unha actividade moi divertida que sería escribir un micropoema cona parella de palabras que riman, por exemplo con ESQUÍO e FRÏO podería escribir:
Na árbore acurrucouse o esquío
porque non lle gusta pasar frío.
¡A ver con que me sorprendedes!
E un pouco de ritmo. Fai tempo que non practicamos Bim Bum Biddy Biddy Bum e Amawolé así que aquí van. Xa sabedes que tedes o enlace no lateral do blog, xunto con máis actividades deste tipo.
E outro exercicio de lectura rítmica...
E a profe Paula envíavos un par de vídeos para repasar algunhas cousiñas que traballáchedes na aula.
E mañán temos cousiñas de lóxica-matemática xa preparadas para poñer o cerebro a funcionar a tope.
Para rematar, quero mostrarvos algunhas cousiñas que me están mandando os nenos/as desde a casa porque, aínda que andamos liados todos con chamadas diversas e probas que hai que facer, sigue habendo un tempiño para debuxar, escribir, facer sumas, investigar e moitas cousas máis.
¡Alégrame moito ver aos pementeiros/as con boa cara e animados! Porque xa sabedes ...
¡BOS DÍAS A TODOS/AS! Seguro que estades todos/as moi ben. Xa estamos aquí preparados para empezar o martes 2 de febreiro con ganas de facer moitas cousas. Como facemos no cole, imos empezar cantando...
Ben, despois de cantar e bailar un pouco, chegamos ao momento do conto.
Hoxe teño ganas de que escoitedes un relato que a min me gusta moito, moito: A MALETA.
É unha historia que nos fai reflexionar sobre como recibimos aos que veñen de fóra. Por exemplo cando chega un compañeiro/a novo/a ao cole, ou un veciño ao edificio no que vivimos, ou unha persoa doutro país ao noso... En ocasións desconfiamos dos que chegan ao lugar no que nós estamos xa asentados e empezamos a pensar que pode ter malas intencións, que nos quere facer dano, que non é boa persoa... Simplemente, sin máis coñecemento, empezamos a rexeitar o que non coñecemos en lugar de recibir a novedade coa mente aberta e o interese polo que pode aportarnos. Este conto fala de todo isto. Gustaríame que o escoitárades con moita atención e, despois, falárades con mamá e papá sobre o que nos pode enseñar esta MALETA.
Pensade xuntos:
¿cómo chegou o animal estraño?
¿qué había maleta?
¿que fixeron os outros animais coa maleta? ¿por qué o fixeron?
¿pensas que fixeron ben ou mal?
¿pensas que o animal que chegou coa maleta quería facerlle dano aos outros? ¿por qué chegaría sucio e canso coa súa maleta a ese lugar?
¿que fixeron os outros animais ao final?
¿por qué pensas que o fixeron?
¿qué farías ti si chega un compañeiro/a novo ao cole e o ves só, triste, preocupado ou con medo?
¿gustouche o conto? ¿cómo te sentías cando ías escoitando a historia?
Agora propóñovos, se estades animados, unhas actividades impresas relacionadas co conto en certa medida. Por suposto, non é preciso facelas todas hoxe nin moito menos. Clicando encima da portada do conto, podedes abrir un archivo Pdf listo para imprimir.
Pasade bo día e preguntádeme ou pedídeme o que precisedes. Unha aperta a todos/as os pementeiros/as e ás súas familias.
E hoxe tocaba ver todos xuntos o conto "Dous monstros" un conto en versión trilingüe protagonizado por todos os nenos e nenas de educación infantil, e ao final non pudo ser. ¿mira que me facía ilusión que o víramos todos xuntos na aula, na pantalla grande, como se merecía este fantástico traballo dos peques de infantil que actuaron como auténticos profesionais! Pero, en fín, así é vida...
Aquí volo deixo para que si vos apetece, e espero que sí, o vexades na casa en familia. As profes estamos moi contentas con este traballo de equipo no que intentamos adaptarnos á nova situación que estamos a vivir sin perder a ilusión de facer cousas divertidas que nos unan a todos de algunha maneira.
¡Espero que vos guste!
Na web do cole podedes ver tamén máis contos de todos os cursos de primaria que foron elaborados para conmemorar o Día da Paz.
¡Seguimos en contacto! Paciencia e ánimo para todos/as!