lunes, 21 de marzo de 2022

PRESENTACIÓN "INSTRUMENTOS AFRICANOS"

     Rematamos a nosa presentación sobre instrumentos africanos. Non é que xa os coñezamos todos, claro, pero polo menos os que temos na aula sí. Entre todos queremos mostrarvos o BALAFÓN, o DJEMBÉ, a KORÁ, o AXATSÉ (ou shekeré), o CAXIXI, o CAS-CAS, o TBILA  e a CALIMBA. Todos son instrumentos de percusión excepto a Korá que é de corda. Neste caso, todos estes instrumentos viñeron de Costa de Marfil. Veredes tamén que algúns nenos/as levan posto un sombreiro Mossi, tamén africano, concretamente de Burkina Faso (a terra de Yacouba Sawadogo que coñecemos o curso pasado).

   Estivemos coñecendo estes instrumentos, escoitando o seu sonido, vendo os materiais dos que están feitos e tamén disfrutamos escoitando a verdadeiros artistas, como Sona Jobarten, que saben tocar con maestría e moito ritmo.



   Tamén aproveito para compartir outro vídeo musical no que traballamos o ritmo, a percusión corporal, o emprego de instrumentos sinxelos elaborados por nós mesmos (unhas maracas), a atención e concentracióm, o traballo en equipo... A canción empregada para todo isto é "África" de Toto cantada maxistralmente pola Angel City Chorale (á que nós lle copiamos a "performance"). Esta era a segunda vez que o facíamos, así que temos que practicar máis e mellorar a coordinación e o ritmo. Pero penso que está moi ben e que, pouco a pouco, imos "entrando" na música, nos diferentes ritmos e creando grupo, funcionando xuntos/as, aprendendo a formar parte dun equipo. En xeral logramos bastante sincronización e o máis importante, tamén disfrutamos desta fermosa canción de Toto.

    E como xa estamos na primavera, hoxe decoramos a nosa pizarra con flores debuxadas (cada un fixo a súa).



sábado, 19 de marzo de 2022

SE EU FORA PRESIDENTA/E...

   Como xa sabedes, durante este mes de marzo estamos traballando moito sobre a PAZ. Aínda que celebramos o Día da Paz o 30 de xaneiro, é evidente que non debemos esquecer que é un tema que ten que estar presente nas aulas e nas familias cada día do ano. Actualmente hai uns 64 conflictos armados no mundo. O máis recente e presente nos medios de comunicación día a día é a invasión de Ucraína por parte de Rusia, pero non deberíamos esquecer que tamén hai conflictos armados en Israel e Palestina, Afganistán, Yemen, Haiti, Myanmar, Etiopía etc. etc. Non vivimos nun mundo ideal precisamente así que considero que todos deberíamos traballar para que os nosos nenos e nenas aprenderan a compartir, a respectar, a valorar todo o que teñen, a disfrutar dos amigos, a ser solidarios, a vivir con alegría pero tamén con responsabilidade, a expresar o que sinten escoitando e respectando igualmente os sentementos dos demais... Cada día insisto no importante que é manter a paz na aula, sin discutir por calqueira cousa cos compañeiros/as, respectando as normas que nos permiten facer as diferentes actividades co tempo e os espazos dos que dispoñemos, escoitando as explicacións da profe así como as aportacións de todos/as e cada un dos/as nenos/as... Todos os días, aínda que non fóra unha mañán todo o perfecta que a min me gustaría, despedímonos cun sorriso, sempre, porque tamén é moi importante poder pasar páxina e non marchar enfadados/as xa que se un día non foi tan bo como quixéramos, aprendemos algo que nos vai permitir mellorar ao día seguinte.

   Na Pementeira empezamos o 7 de marzo unha actividade moi relacionada con todo isto. En vez de insistir en todo o que vai mal no mundo, nós decidimos crear un país novo no que queremos facer cousas boas, se fóramos presidentes e presidentas dese país, en lugar de fabricar bombas e misiles, fabricaríamos outro tipo de cousas, en lugar de invadir países veciños , procuraríamos realizar outro tipo de iniciativas...

   1.- O primeiro paso foi inventar o nome do país. Fixemos un "Remuíño de ideas"  e saíron moitos nomes para este país pacífico:

   PAZARIA  -    CALMAFLOR   -  COPO DE NIEVE  -   BESOS -

AMISTAD IMPARABLE   -  LINDO  -  FRUTAL -   ESTRELLA -

ÁRBOL DE LA PAZ  -   A MÚSICA  -   AMIGOS  -   LIBERTAD -

PALOMA  CARIÑOSA - ABRAZO - CARIÑO -  FELICIDAD -

AMOR -  CORAZÓN SUAVE DE LA FAMILIA -  IMAGINE -

OSO AMISTOSO -  LÁPIZ  -  CAMPANILLA DE LA AMISTAD -

DESEO  -  SOLBRILLA  -  DANPAZ  -  GATO DE LA PAZ -

NATURALEZA  INTACTA  - AMIGOS DE LA PAZ -  CORAZÓN-

PAPÁ NOEL CARIÑO -  PAÍS DA PAZ

      2.- O segundo paso foi votar o nome que máis nos gustaba. Cada neno/a tiña que elixir o seu nome favorito de todo o listado e darlle un voto. Finalmente gaño IMAGINE con 6 votos, seguido de OSO AMISTOSO con tres votos e ÁRBOL DE LA PAZ con outros tres votos e outros oito nomes que só conseguiron un voto.

    3.- O terceiro paso foi o máis complexo e que supuxo máis traballo de reflexión, imaxinación, expresión e organización. Entre todos falamos de todas as cousas que nós poderíamos facer en IMAGINE si forámos o/a presidente/a para que a xente poidera vivir en paz, feliz, sin dificultades e sin ganas de atacar a ningún outro veciño. Fixemos un listado de todas esas iniciativas que levaríamos a cabo e despois cada neno/a fixo o debuxo dunha desas aportacións.

      4.- Para rematar elaboramos un vídeo con todas esas ideas. No parte final do vídeo engadín unhas imaxes de pombas pintadas coas cores da bandeira de Ucraína que nos pediron desde o Concello para facer unha exposición. Como nós xa estabamos traballando todo isto, decidín incluilas no montaxe final do noso vídeo para mostrar tamén o noso apoio a toda a xente que sufre a causa das guerras.

       E aquí está o vídeo  "PAZ NO MUNDO. STOP WAR!"


       E aquí están algunhas fotos do proceso:
































































      Como nos pediron que as pombas non levaran nome, mirando as fotos podedes ver cal é a de cada nena/o cando as poidades recoller da exposición. Supoño que xa desde o concello avisarán dos lugares nos que se van colocar e como de poden recoller posteriormente.
     Algunhas familias pementeiras tamén se animaron a particpar na miña proposta de elaborar a súa propia mensaxe de PAZ, no formato  que quixeran e do xeito que máis lles agradase, deixando que a súa creatividade se desenvolvese, empregando diferentes recursos que tivesen a man... A miña idea era elaborar un vídeo con todos os materiales e así mostrar diferentes formas de comunicar a idea de que a PAZ é un obxectivo educativo que entre todos/as temos que promover. Ata o de agora só recibín tres mensaxes que comparto convosco. Se alguén máis se anima, será estupendo. ¡Grazas familias por participar e traballar estes valores tamén na casa!





25 N

    Onte foi o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e nós levamos uns días falando sobre mulleres tratando ...