martes, 12 de abril de 2022

CHEGOU A PASCUA

      Chegou a Pascua, este ano esperada con moita ilusión, e rematamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre longo, con moitas conmemoracións e celebracións, e cheo de actividades diversas, variadas, interesantes e significativas. Houbo moitos avances en todas as aprendizaxes dos pementeiros/as e tamén diversión, ritmo, conversas, investigacións, xogos e todo o que habitualmente experimentamos na aula.

    Xa todos/as levaron os seus traballos e as súas calificacións nas bolsas elaboradas para esa función, así que xa sabedes como foi todo nestes meses de traballo. Agora déixovos aqui as fotos do proceso de elaboración das bolsas e as portadas e, tamén, da visita do coello de Pascua.




























































































































     E aquí están as orgullosas traballadoras e traballadores mostrando as súas produccións plásticas.





















    É o venres, por sorpresa, o coelliño de Pascua visitou as aulas de infantil para deixar agochados uns oviños de chocolate. A verdade, como chovía a cántaros, estábamos todos convencidos de que o coelliño este ano non viría ao cole (porque realmente non sei como non afogou no camiño) pero este "gardián da infancia" non se deixa amilanar pola choiva e mentres estaban os nenos/as xogando na aula de psico aproveitou para esconder os ovos polos recunchos da aula. É certo que mentres merendábamos, algúns nenos dixeron que escoitaran ruidiños nun armario e que seguramente andaba por alí, pero eu non estaba moi segura e ademais pensei que igual non tiña ganas da sair se escoitaba moitos berros. Pero finalmente era certo, o coelliño estaba ben agochado e dounos unha sorpresa fantántica.

















     ¡BOA PASCUA!

1 comentario:

  1. Pero que chulas vos quedaron as bosas e portadas da 2ª avaliación!!! Noraboa.

    ResponderEliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...