jueves, 22 de junio de 2023

MURAL CONMEMORATIVO DO DÍA DA PAZ

   Nestes últimos anos, ven sendo habitual realizar un mural no patio para conmemorar o Día da Paz e non Violencia. Xa sabedes que Gandhi, o pensador, político e abogado pacifista indio foi asesinado un 30 de xaneiro de 1948 e, precisamente, para recordar ese feito e homenaxear a este home que defendeu a paz, e a loita non violenta contra as inxustizas, cada 30 de xaneiro celebramos nas escolas o Día da Paz. 

   Realizar este mural tan grande é unha actividade planteada a longo plazo e coa finalidade de promover a reflexión sobre determinados valores, personalidades ou feitos sobre os que, tamén, temos que traballar nas aulas. Por outra bando esta actividade pretende fomentar o traballo en equipo, e a cooperación entre todo o alumnado e o profesorado do centro.

   Neste curso 2022-2023, a idea foi homenaxear a dúas artistas plásticas orixinarias de dous países que viven conflictos armados e, unindo dúas obras, promover a reflexión sobre o que implica unha guerra na vida da poboación en xeral, no que se refire á perda de seguridade, de liberdade, do dereito á educación e a expresión artística e cultural dun pobo destruíndo vidas, libros, escolas, museos, obras de arte...

  Unha delas Maria Prymachenko, de Ucrania, é unha pintora naif  que contaba cun modesto museo no seu país o cal foi bombardeado recentemente na guerra que asola Ucrania. A segunda é Azza Shaikh Ahmad, unha artista de Palestina, un país que vive un longo conflicto armado que se remonta xa a principios do século XX.

    O mural do Día da Paz pretende ser un recordatorio dos diferentes conflictos armados que están ocurrindo na actualidade en diferentes lugares do mundo. Non deberíamos esquecer que a guerra só supón destrución a todos os niveis e nas escolas temos que mostrar o que está ocurrindo no mundo promovendo unha reflexión activa.

    Espero que a pintura deste mural nos faga recordar que moitos nenos/as noutros lugares do mundo non poden ir á escola, morren en bombardeos, perden a seus pais e viven en condicións de inseguridade, medo, fame e total carencia dos seus dereitos.

   Os nenos e nenas da Pementeira tamén particparon na pintura do mural. experimentaron a dificultade deste traballo e a paciencia que hai que ter para pintar nos bloques e para pincelada a pincelada dar cor a unha superficie tan grande. Pero o importante é ir comprendendo que cada un imos poñendo o noso tempo e o noso esforzo, pouco a pouco, cada un na súa medida, para lograr un resultado final que ten sentido precisamente porque unidos /as podemos acadar grandes metas.




 
















 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...