jueves, 1 de junio de 2023

O ANIVERSARIO DE NOEL

    Iniciamos un mes novo, o mes de xuño, e celebramos o aniversario do pementeiro Noel. Hai que ver qué rápido pasou o curso. Xa nos queda menos dun mes para rematar e cada neno/a foi tendo a súa evolución, foi medrando e case todos/as chegaron xa (ou lles falta pouquiño) aos 4 anos. Hoxe, o rei do día, chegou todo contento co seu biscoito para compartir cos compañeiros/as e coas profes. E eu que tiven a sorte de probalo, dígovos que estaba delicioso, case me desmaio!

   Noel apaagou as candeas dun soplido certeiro, escoitou a felicitación dos compañerios/as e convidou a todos e todas a saborear o biscoito caseiro que, podo asegurarvos, parecía elaborado por un auténtico especialista en doces.















   Despois de convidar a todos os compañeiros e compañeiras, aínda sobrou biscoito e Noel quiso levarlle un cachiño ás outras profes. ¡Moitas grazas ao reposteiro, que fixo un biscoito ben rico, e a Noel por convidarnos a todas xunto cos compañeiros/as!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...