Na Pementeira temos actividades e celebraciñons ata o último día de cole. O martes celebramos o aniversario de Manu e despois asistimos a un contacontos na aula de psico.
Manu estaba moi contento de poder celebrar cos compañeiros/as o seu cumple, apagou as candeas dun único soplido, sen dubidar e con precisión absoluta, escoitou a canción de felicitación e, por último repartiu as galletas que trouxo para compartir con todos/as.
Tamén disfrutamos do último picnic deste curso antes de asistir ao contacontos. Non paramos un minuto!
Julia, a autora de "Un extraño en la granja" achegouse ao cole para contarnos esta historia que nos fala de respectar as diferencias e de non ter prexuicios relacionados coas apariencias dos demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario