E seguimos de festa en festa. Hoxe celebramos o cumple de Marco. Realmente tíñamos que celebralo onte pero non nos dou tempo así que xa adicamos un cachiño da xornada a este novo aniversario. Marco estaba emocionado e nervioso. eso sí, apagou as candeas cun único soplido cheo de enerxía. Escoito a canción e repartiu as galletas que todos/as comeron con ganas antes de saír ao patio neste día tan caluroso. A verdade é que hoxe gustoume moito como cantaron o cumpleanos feliz, con alegría e con ganas. Así sí que facemos festa!
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
martes, 6 de junio de 2023
O CUMPLE DE MARCO
Por outra banda, xa aproveito esta entrada para comentarvos que estamos en pleno proceso de preparación do noso baile para o Festival de Fin de Curso que, como sabedes, se celebra o último día de cole, o día 21 de xuño. Os nenos e nenas de infantil levarán unha camiseta que xa encargamos as profes (como xa vos comentara na reunión de principio de curso cando falamos un pouco do tema dos cartos de aula) e queremos levar un sombreiro de cor azul turquesa. Cada aula vai levar unha cor diferente, Así que quería solicitarvos se podedes mandarlles para a aula o sombreiro para que poidamos xa ensaiar con el posto, para que se vaian afianzando na coreografía que teñen que facer. Xa enviei un Abalar pero aproveito para poñervos aquí unha foto do sombreiro.
Hoxe tamén aproveitamos para sacar unhas fotos moi chulas, que aínda non vos vou dicir para qué as imos empregar, xa que con este calor estamos sacando os mandilóns para estar un pouquiño máis frescos e cómodos. ¡Mirade que poses! ¡Eatán todos e todas xenial!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST
Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...


No hay comentarios:
Publicar un comentario