miércoles, 7 de junio de 2023

TRABALLANDO SIN PARAR

 Estes días están cheos de actividades na Pementeira. Como falta pouquiño para rematar o curso, pois toca xa empezar a preparar o festival, así que cada mañan a primeira hora saímos ao patio para ensaiar con todos os nenos e nenas de infantil. O baile xa está listo, a maioría xa o aprenderon (agora falta que os nenos/as que faltaron algúns días empecen a coller seguridade e aprendan os pasos novos) e disfrutan moito coa canción elixida. Tamén é verdade que é necesario estar atentos e ir poñendo interese e ganas para bailar con ritmo e ilusión. Así que espero que o día do festival nos demostren o que eles e elas poden facer e todos disfrutemos dese día, que debe ser un momento de festa, disfrute e traballo en equipo.

   Pero ademáis do festival, seguimos coas actividades habituais, facendo as nosaa tarefas cotiáns, rematando actividades impresas, preparando bolsas e portadas e, tamén por suposto xogando (porque non pode haber día no que o xogo non teña reservado un pouco de tempo).

    Hoxe tivemos un día fantástico, un deses días nos que o bo ánimo triunfa, onde parece que as ganas de disfrutar no cole se mostran abertamente e nos permiten sobrepoñernos a caprichos, ao calor intenso e aos contratempos da vida (porque sempre os hai, paramaiores e pequenos). Igual esta choiva que refrescou un pouco o ambiente pesado dos días pasados nos axudou un pouco, pero o caso foi que o pasamos moi ben e fixemos moitas cousas.

    Déixovos por aquí unhas fotos de algunhas cousiñas que estivemos facendo ultimamente, que me quedaran sen compartir porque tivemos moitas cousas que contar e porque eu tamén estou con pouco tempo libre, pero aínda faltan máis porque imos traballando ao ritmo que podemos, claro, e hai cousiñas que non queremos descubrir tan pronto.






























Tivemos a oportunidade de ver e tocar auténtica sal do Lago Retba de Senegal.









      Seguimos practicando ioga.















           Traballamos co ábaco.




















                                         


                                   












                                                          










































    E como hoxe tivemos un día tan fantástico e disfrutamos tantono cole, quería compartir este vídeo no blog aínda a risco facer algún que outro spoiler.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...