A segunda noticia do día foi algo que levábamos días esperando: dentro da incubadora temos un pitiño que está empezando a romper a casca e xa mostra as súas ganas de saír ao mundo. Cando chegamos ao cole xa fomos a mirar con interés porque estamos no día número 20 e sabíamos que a partir do día 21 xa é normal que vaian nacendo os pitiños. Hoxe tiñamos que sacar os rodillos da incubadora, deixar os ovos no fondo da incubadora e botarlles un pouquiño de auga co spray para facilitarlles ese proceso de romper a casca.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
lunes, 4 de noviembre de 2024
UN PITIÑO TEN PRISA POR NACER!
O CUMPLE DE LEO
Hoxe luns, iniciamos a primeira semana de novembro con moitas novas que contar. O primeiro de todo é que celebramos o cumple de Leo, agora xa somos realmente a aula de 5 anos, os veteranos e veteranas de educación infantil.
Leo estaba moi contento porque ter 5 anos é todo un acontecemento e ser o rei do día sempre mola. Tamén é verdade que tiña certo nerviosismo porque é toda unha responsabilidade facerse maior, verdade?. Como é habitual, apagou as candeas, escoitou a canción que todos/as lle adicamos e repartiu as galletas, que a todos/as lles fixeron moita ilusión porque xa viñan con aires de Nadal.
UN PITIÑO TEN PRISA POR NACER!
A segunda noticia do día foi algo que levábamos días esperando: dentro da incubadora temos un pitiño que está empezando a romper a cas...
-
O tempo pasa voando, iso é máis que evidente. Rematou o Nadal e inos como foguetes cara o Entroido. Hoxe os nenos e nenas xa levaron par...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...