miércoles, 20 de octubre de 2021

UNHA ORQUESTA PEMENTEIRA

   Totalmente inmersos no noso proxecto musical, era o momento de constituir unha auténtica orquesta pementeira que decora o noso corredor na zona dos percheiros. A ver que vos parece! Aos nenos/as da aula creo que lles fixo moita gracia.


















    E como a cousa vai de arte, aproveito para mostrarvos aos pementeiros/as pintando con acuarela mentres disfrutamos da música de Mozart.
   Por certo, xa estamos preparándonos para o Samaín, aquí vos deixo unha divertida poesía dunhas pantasmiñas que gravamos hoxe no cole (todos os nenos e nenas que aparecen no vídeo saíron voluntarios/as, non tiven que insistirlle a ninguén, pero tamén algúns outros querían recitar así que teremos que preparar máis poemas ou repetir este mesmo que lles gusta moito). Espero que vos guste!


6 comentarios:

  1. Encántame!!! por iso Icia andaba tan pendiente das novas publicacións do blog.

    👏👏👏👏👏👏 que ben recitades👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que lles encanta verse! E iso é xenial, así perden o medo a falar en público, collen confianza en sí mesmos, aprenden a esforzarse e traballar en equipo! Están traballando moi ben!

      Eliminar
  2. Bravo! 👏🏻👏🏻👏🏻 Xenial esa poesía!. Dá gusto vervos traballar con tanta concentración. O mural da orquestra quedou fantástico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que as profes temos a sorte de ver moitos avances en primeira liña e de comprobar como hai cousas que evolucionan e o mellor é comprobar o contentos e satisfeitos que están os nenos/as cando consiguen algo novo, ou superan un medo,aprenden algo diferente ou experimentan cousas diversas. As súas caras son o mellor de todo.

      Eliminar
  3. Pero que chulo ese mural músical!!! E a poesía encántame!!! Que chula!!! Noraboa!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, profe María! Qué ilusión que visites o blog. Os nenos e nenas estarán encantados/as de comprobar canto te acordas deles!!!!

      Eliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...