E aquí está a segunda parte da reportaxe do último día de cole deste primeiro trimestre. Os pementeiros/as tiveron a oportunidade de ver aos Reis Magos (que debían estar moi cansos da viaxe desde Oriente porque non nos falaron nadiña), entregarlles as súas cartas e despois saímos todos xuntos ao patio (porque tivemos sorte e a temperatura era moi agradable non chovía) para tomar as 12 uvas ao son das badaladas. A continuación, tras xogar un pouco fóra, escoitamos a Marcha Radetzky como si estiveramos recibindo Ano Novo na Sala Dourada do Musikverein en Viena e sacamos algunhas fotos divertidas de recordo.
Primeiro sacamos fotos por parellas lucindo as nosas mellores galas de Nadal. Despois algúns xa se animaron con isto de facer de modelos e sacamos algunhas fotos individuais.
Coas cartas preparadas fomos ao ximnasio onde nos esperaban os Reis Magos. Ainda que non poidemos achegarnos a eles polo menos metemos as cartas no buzón. Eso sí, trouxéronos un agasallo para cada un.
Despois tivemos outra sorpresa porque unha profe docole, Fernanda, trouxo unha caixa misteriosa á nosa aula e contounos que no seu interior se atopaba Tilín, o elfo. Parece ser que escoitaron uns ruídos na Biblioteca e viron que estaba alí así que o colocaron na caixiña para que poidera descansar comodamente destes días de tanto axetreo. Esó sí, pedíunos moito silencio e calma para poder observalo xa que os berros non lle gustan nada e ponse moi nervioso e pode escapar. ¡Qué bonitiño é Tilín e que tranquiliño estaba na súa caixiña!
A continuación saímos ao patio para tomara s 12 uvas (ou lacasitos, ou gusanitos) . Houbo de todo, os que acabaron de comer antes de que remataran as badaladas, os que non daban feito e lle sobraron uvas, pero o caso é que cumplimos co ritual de cada Fin de Ano.
E como resumo deste día de remate de trimestre, aquí vos deixo un vídeo coas mellores imaxes do día.