sábado, 13 de septiembre de 2025

EMPEZAMOS O COLE! CHEGAN NOVOS/AS HABITANTES Á PEMENTEIRA!

      Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras marcharon para o mundo de primaria, chegan outros e outras pequepementeiros e pequepementeiras para ocupar estes espazos nos que viviremos moitas experiencias variadas e emocionantes.

     Así que, imos alá! Esta semana superamos o Período de Adaptación sen grandes problemas. Algunha inseguridade puntual no momento de separarse de mamá e papá para adentrase nun lugar descoñecido e cunha mestra tamén nova para eles e elas, o cal é normal e lóxico, pero unha vez pasado este primeiro trámite todo foi discurrindo con naturalidade. Os catro primeiros días os peques asistiron en 2 grupos de 10 durante só dúas horas cada grupo para ir entrando gradualmente e poder recibilos de xeito máis personalizado, dándolles un pouquiño máis de atención a cada un, observando como ían vivindo esta experiencia escolar. O venres xa estiveron os 20nenos e nenas xuntos, visitaron a aula de inglés, coñeceron ás profes de inglés e á de apoio, saíron ao patio na hora do recreo e tiveron a sorte de poder xogar cos nenos e nenas das outrasdúas aulas de infantil.

    É certo que parte do grupo aínda non ten 3 anos cumplidos co cal temos que entender que necesitarán un tempo para ir asimilando as rutinas da aula e para gañando un pouquiño de autonomía. Pero iso é completamente normal. Cada neno e cada nena van madurando ao seu ritmo e aínda que as profes iremos pedíndolles que vaian intentando cousiñas, daremos indicacións de como teñen que facer e procuraremos que vaian superando pequenas frustracións, tamén sabemos que non hai un prazo fixo, unha data estándar, para ir ao baño sen axuda, para poñer un mandilón, para facer un puzle ou para escribir o seu nome. Así que quero pedirvos calma e un pouco de confianza, seguramente haberá cousas que non lles gusta facer, outras que lle costarán traballo e outras coas que disfrutarán máis. Pero pouco a pouco irán inteririozando rutinas, mellorarán destrezas, desenvolverán as súas capacidades e aprenderán moitas cousas.


    Aquí vos deixo moitas imaxes destes primeiros cinco días de cole superados con éxito. 
     






         

                 












































































































































































































































































   Como vedes, disfrutamos cos xogos, cos contos, cantamos e bailamos co Polo Pepe, fixemos algúns traballiños e iniciámos nas rutinas básicas da aula. tamén celebramos o primeiro aniversario do curso escolar pero isoxa volo contarei na seguinte entrada do blog. Espero que vos gustara ver as primeiras imaxes dos pequepementeiros/as na súa nova aula no cole Rosalía. Seguide atentos/as ao blog porque sempre hai moitas novas que contar.

5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Respuestas
    1. Siii, por iso me gusta ter o blog, porque recolle diferentes momentos e actividades da xornada escolar e é como unha ventá pola que podedes ver como se atopan eles/as. É imposible mostrar todo, claro, pero polo menos podedes ir vendo cousiñas que facemos e comprobar que hai momentos estupendos e divertidos no cole. Grazas por visitar o blog e deixar un comentario.

      Eliminar
  3. Bo comenzo de curso a tod@s!! Qué ilusión ver as suas cariñas de atención no conto ou ver o ben que xogan xuntos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Clarooo, pouco a pouco irán facendo moitas máis cousas, xogar gústalles obviamente aínda que lles costa un pouquiño compartir algúns xoguetes e recollelos,😅pero iremos insistindo nestas rutinas para disfrutar cada día no cole. Pasamos ratos divertidos e todo vai discurrindo ben!

      Eliminar

TRIÁNGULO

      Xa coñecemos varias figuras xeométricas: o círculo, o cadrado e o triángulo. Imos memorizando rimas sinxelas e xogamos a clasificar fi...