sábado, 1 de noviembre de 2025

DISFRUTANDO CO SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST!

   E chegou a terrorífico Samaín e o delicioso CastañazoFest. Un día grande cheo de emocións e de tradicións. Cando chega o outono e nos trae ofrío, a choiva, o vento e as noites máis longa, quen non disfruta comendo unhas saborosas castañas asadas ben quentiñas? Nós hoxe tamén tivemos a nosa ración de castañas asadiñas, o que pasa é que, en realidade, os que comeron castañas foron uns seres monstruosos que invadiron o cole pola mañán e que nos deron moitos sustos.


    Así que, imos por partes. Primeiro de nada, mirade que criaturas arrepiantes entraron pola mañán nas aulas de infantil! non sei se viñeron no bus ou voando en escobas, ou saíron da terra ou dunha cova chea de morcegos, quen o sabe!




                 



                                        
                                         
                                         








              



                                       




   Pero non pensedes que os esqueletes, vampiros, frankensteins, cabazas, Mércores, zombies, piratas malvados e todos eses seres aterradores só saben asustar, meter medo e ser moi, moi arrepiantes. Tamén saben ser amables e disfrutan demostrando cariño aos seus amigos.










    Despois desta primeira parte da xornada chegou o momento de ir ao patio para facer o desfile de disfraces, comer as castañas do magosto e presenciar o Ritual Purificador de Medos, no que se van queimar todos os medos que metemos na caixa negra.










































































    Martín e Manuel foron os valentes encargados de levar a caixa dos medos para queimalos.



                                        







         Tras tanta actividade, chegou o momento da merendola terrorífica na aula de psico e os xogos (que ían ser fóra pero empezou a chover así que tivemos que colocalos dentro).






































































    E antes de marchar, aínda tivemos tempo de cantar e bailar xuntos. Sempre disfrutamos coa música  e ultimamente unha das cancións que máis nos rechifla escoitar é Go Away! E así lle dicimos a todos os medos: Ide de aí! Go away!



    Foi un fantástico día de celebración no que os peques de infantil, nenos e nenas, disfrutaron xuntos e pasaron unha xornada terroríficamente divertida.

FELIZ SAMAÍN A TODAS AS FAMILIAS DE INFANTIL!


DISFRUTANDO CO SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST!

    E chegou a terrorífico Samaín e o delicioso CastañazoFest. Un día grande cheo de emocións e de tradicións. Cando chega o outono e nos tr...