jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

    Hoxe é un dos meus días favoritos do ano: o DÍA DO LIBRO.  Porque eu sempre digo que os libro son os nosos mellores amigos, sempre teñen cousas que contarnos, sempre nos acompañan, podemos recurrir a eles en todas as ocasións, despertan en nos emocións de todo tipo, lévanos de viaxe a calqueira lugar deste mundo real ou a mundos imaxinarios ou fantásticos... Cóstame imaxinar un mundo sin libros. E hai tantos que me gustan e me parecen indispensables que elixir un é imposible para mín. E vos, ¿tendes un libro favorito? Ide pensando niso e mentres tanto propóñovos unha adiviña e un reto ao mesmo tempo...
     Mirade, onte fixen unha recreación da portada dun libro que seguro que moitos/as de vos coñecedes. Pois ben, móstrovos dita recreación e fágovos dúas preguntas a ver se alguén entra no xogo:


   

   1.- ¿Sabedes que conto é o que ten esta portada?
  2.- ¿Atrevédesvos a recrear a portada de algún conto que vos guste?
   


    

    Hai que decir que as señoritas Critina e Violeta foron raudas e veloces e adiviñaron que a portada que recreaba era a do conto "A casa da mosca chosca". ¡Parabéns chicas! Vexo que sodes boas coñecedoras dos libros como a min me gusta.



    

     Agora a ver quen me  envía algunha recreación dunha portada dun libro para conmemorar este peculiar día do libro 2020.

   Hoxe é un día para leer pero aínda así quero mostrarvos un fermoso corto que nos fala de todo o que eu trataba de explicarvos antes, a importancia que teñen os libros nas nosas vidas: Os fantásticos libros voadores. Disfrutádeo!

Día del Libro 2015 | Feliz dia del libro, Frases dia del libro ...

miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

 
   Hoxe, 22 de abril, celebramos o DÍA DA TERRA. Xa sabedes todos/as o importante que é que coidemos o planeta porque, verdadeiramente, estámolo tratando bastante mal desde fai moito tempo. Producimos un exceso de basura que contamina os ríos, bosques e mares, empregamos combustibles dunha maneira  constante provocando o aumento da emisión de dióxido de carbono o que fai que o planeta se requente... por todo isto estamos xerando un cambio climático que parece ser a orixe de moitos desastres naturais que se están a producir. É importante que intentemos cambiar certos hábitos cotiáns e que respectemos a natureza porque nós somos unha parte dela e precisámola para sobrevivir.
     Pero para empezar o día con algo de ritmo, aquí vos deixo unha canción moi animada sobre a importancia de coidar o planeta.


    E agora anímovos a visitar una páxina moi interesante da NASA cun montón de información interesante. Para os máis peques hai un apartado moi lúdico e cheo de curiosidades, ,chamado SPACEPLACE que seguro que vos encanta. Clicade no logo da NASA para acceder.
SPACEPLACE

 En Spaceplace  podedes atopar explicacións sobre que son os tsunamis ou os terremotos, as galaxias ou as estrelas fugaces... e tamén vos explica por exemplo por qué o ceo é azul. Acordádesvos que falamos das cores o outro día cando fixemos o círculo cromático? Falamos de que un raio de luz que nós percibimos como transparente en realidade é a suma de todas as cores do Arco daVella, ese raio de luz descomponse nesas sete cores cando atravesa un prisma (ou as gotiñas de auga)...
Ver las imágenes de origen
   A luz móvese en ondas, as ondas da luz azul son máis curtas que as de luz vermella por exemplo e iso fai que se dispersen máis cando os raios do sol chegan á atmósfera e por iso percibimos  o ceo de cor azul. 
   E falando de cores, un tema que me encanta, como imaxinaredes, teño que mostrarvos o fantástico traballo que fixeron Cristina e Violeta pintando o seu propio círculo cromático. Deixáronme coa boca aberta!!! Parabéns artistas!




E outra cousiña máis, outra alegría nesta mañán de mércores en que celebramos o Día da Terra, Carlota e a súa familia fixeron un fermoso cartel cunha frase de Charles Chaplin para poñer na porta da súa casa. ¡Qué boa mensaxe para calqueira día do ano! Parabéns por ese traballo.



lunes, 20 de abril de 2020

JOAN MIRÓ

     Hoxe celebramos o aniversario do pintor, escultor e ceramista Joan Miró que naceu en Barcelona un 20 de abril de 1893. Miró foi coñecido principalmente polas súas pinturas surrealistas e soe gustarlle moito aos nenos pola simplicidade dos seus debuxos, con liñas negras intensas e o uso de cores planas e moi chamativas (principalmente o vermello, o amarelo e o azul que son as cores primarias). Seguro que todos coñecedes a Miró e as súas obras. Aquí vos deixo uns vídeos sobre este artista e unhas animacións moi curiosas feitas a partir das súas pinturas. Espero que vos gusten.



    E xa que falamos de cores primarias (tamén no cole o explicamos nalgunha ocasión) vou aproveitar para compartir convosco un vídeo no que vos explico como podedes facer un CÍRCULO CROMÁTICO sinxeliño no que partindo das tres cores primarias, vermello, amarelo e azul, podemos obter tres cores secundarias, laranxa, verde e violeta. Seguro que moitos de vos xa o sabíades pero no caso de que non o reordárades, pois aí volo deixo. Espero que non vos resulte moi aburrido.
           
  Próximamente contareivos "A verdadeira historia das cores" un relato moi divertido sobre as cores, e tamén vos explicarei que son as cores complementarias. ¡Quizá algúns xa o saben!

    E aproveito xa esta entrada para agradecervos a todos os que me estades enviando vídeos de nenos e nenas bailando en solitario ou co resto da familia para elaborar a montaxe do Día da Danza. ¡GRAZAS! Se queredes enviar algún máis, animádevos que aínda teño tempo de engadir cousiñas.

   Por outra banda. tamén teño que compartir aquí a man en 3D que fixo Carlota (de A Sementeira, 5 anos A) coa súa mamá, emulando o OP-ART de Vasarely que lle quedo moi ben. E as fotos  facendo yoga de Mateo (3 anos) co seu irmán Dani (un ex-pementeiro que xa está en primaria e que era un auténtico yogui, e vexo que sigue séndoo) Bravo campeóns!






jueves, 16 de abril de 2020

CHARLOT

       E hoxe temos outro aniversario importante, o do actor cómico Charles Chaplin, coñecido no mundo enteiro como CHARLOT. Pero Chaplin non foi só un cómico que nos fixo e fai rir cada vez que o vemos, foi tamén escritor, editor, guionista, productor, director, compositor... 
      Aquí vos deixo unha escea xenial da película "Tempos modernos", unha das súas obras maxistrais. E a continuación uns ebuxos animados para achegarse un pouquiño a este personaxe tan carismático pero desde unha óptica máis contemporánea (quizá para os nenos e nenas que non coñecían a Charlot pode ser unha maneira de interesarse por él e polo cine mudo, algo que resultará estraño para eles/as seguramente)



   E Chaplin dixo moitas cousas sobre as que podemos reflexionar nestes días. Aquí vos deixo algunhas das súas frases. Elexide a vosa favorita. Podedes facer un mural, cun debuxo de Charlot e a frase que máis vos gustou, ou grabar un video imitando a súa maneira tan característica de camiñar, ou mesmo elaborar unha pequena historia de cine mudo, en blanco e negro claro....A ver que vos inspira Charlot.
  • Nunca te esquezas de sorrir.Un día sin rir é un día perdido.
  • A vida é unha obra de teatro que no permite ensaios; por iso canta, ríe, baila, chora e vive intensamente cada momento da túa vida... antes de que o telón baixe e a obra acabe sin aplausos.
  • A felicidade... ¿existe? ¿dónde? Cando era neno queixábame a meu pai porque non tiña xoguetes e el respondíame sinalándose a frente co dedo índice: Este é o mellor xoguete que se creou. Todo está aquí. Aí está o segredo da nosa felicidade.
  • Rite e o mundo reirá contigo. Chora, e o mundo darache a espalda e deixarache chorar.
  • A vida é marabillosa se non se lle ten medo.
  • Sin non temos confianza en nós mesmos, estamos condenados ao fracaso.
  • Preocúpate máis pola túa conciencia que pola túa reputación; porque o primeiro é o que eres, e o segundo é o que os demais cren que eres.




miércoles, 15 de abril de 2020

LEONARDO DA VINCI

    Hoxe é un día moi importante porque é o aniversario do xenial artista LEONARDO DA VINCI, que foi nada máis e nada menos que pintor, escultor, anatomista, arquitecto, paleontólogo, botánico,  escritor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista. Casi nada, verdade? Un auténtico home do Renacemento, un home interesado por aprender cousas novas, por investigar, por mellorar ás súas técnicas pero tamén por mellorar o mundo no que vivía, sensible, reflexivo, apaixonado...
11 obras fundamentales de Leonardo da Vinci - Cultura Genial  


 Todos coñecemos a icónica Mona Lisa, tamén chamada a Gioconda pero fixo moitísimas cousas máis...







    11 obras fundamentales de Leonardo da Vinci - Cultura Genial   Leonardo da Vinci, en 10 obras - Informacion.es
esculturas de leonardo da vinci y sus nombres - Buscar con Google ...

     Si queredes aprender un pouquiño máis sobre Leonardo, podedes ver estes vídeos (ou calqueira outro que podedes atopar en internet porque, por sorte, hai moitos materiais interesantes para coñecer a Leonardo da Vinci). Disfrutade!




martes, 14 de abril de 2020

VRIKSHASANA (POSICIÓN DA ÁRBORE)

      Nas sesións de ioga ademais de aprender a colocar o noso corpo dunha maneira axeitada para facer correctamente cada una das ASANAS, tamén disfrutamos coas historias relacionadas con cada unha das posturas.
   Concretamente caando aprendemos a facer a posición da árbore, que en sánscrito é VRIKSHASANA (Vriksha significa árbore) lemos a seguinte lenda:

    Fai miles de anos, os homes e as mulleres compartían a terra cunha árbore máxica e sagrada que se chamada Vriksha. 
      Vriksha proporcionáballe todo o que necesitaban para vivir cómoda e felizmente sin facer ningún tipo de esforzo: froita, sombra, madeira e follas... Homes e mulleres vivían sin ningún tipo de preocupación en total armonía ata queun día empezaron a pelexarse polas cousas que Vriksha lles daba gratuitamente, cada un quería ter máis que o outro e enfentáronse polo que realmente nin siquera era seu. Lord Shiva ao comprobar no que se estaban convertindo os seres humanos, castigounos retirando a Vriksha da Terra e levándoo con el ao ceo. E a partir de entón, os homes e as mulleres tiveron que esforzarse para conseguir as cousas que necesitan para vivir.
     
    Pero seguro que hai moitísimas máis lendas sobre árbores. Animádevos a buscar algunha a ver cal vos gusta máis.
        E aquí vos deixo unha montaxe en vídeo con imaxes de todos os nenos e nenas de infantil (e as profes que facemos ioga con eles) facendo a posición da árbore.

           
        
Agora podedes practicar na casa todos xuntos. Algúns consellos para facer ben a postura son os seguintes:
  • Primeiro colocarse de pé, ben dereitos/as cos brazos estirados ao longo do corpo.
  • Despacio e concentrados (mantede a mirada ao frente nun punto fixo) ide levantando o pé dereito ata  o muslo esquerdo, canto máis arriba mellor pero sin perder o equilibrio.
  •  Mantede a perna esquerda ben dereita e mantede o equilibrio.
  • Inspirando profundamente, ide levantado os brazos por encima da cabeza xuntando as palmas das mans.
  • Mantede a columna vertebral ben dereita.
  • Respirade profundamente pero en calma.
  • Mantede a posición un tempo e despois suavemente baixades a perna dereita e os brazos.
  • Repetide co pé esquerdo.

jueves, 9 de abril de 2020

DÚAS PROPOSTAS ARTÍSTICAS

    Hoxe é o aniversario do xenial pintor Viktor Vasarely, que naceu en Hungría un 9 de abril, en 1906. Foi o creador do Op-Art (arte  óptico), realizando pinturas que xogan cos efectos ópticos, que parece que se proxectan cara o exterior ou mesmo se ondulan ou expanden cara os lados.
Buy Victor Vasarely - PapillonRetrospectiva de Victor Vasarely en París | All City Canvas
Vega III - Victor Vasarely - Historia Arte (HA!)El buen ojo de Vasarely | El Correo
    E aquí vai a miña primeira proposta artística. Se queredes xogar a pintar como Vasarely, provocando unha ilusión óptica, podedes facelo de xeito moi sinxelo. Por exemplo, poñede a vosa man nun papel branco e trazade o contorno cun lápiz (non presionedes moi forte porque ao final imos borrar ese trazo). Despois tedes que facer líneas paralelas (podedes empregar unha soa cor ou moitas) pero so por fóra do contorno da man, deixade o interior do debuxo sen líneas... Tede coidado en continuar as líneas rectas tamén nos espacios entre dedo e dedo.


   Cando rematedes de facer as líneas rectas e paralelas, toca encher o interior do debuxo pero nesta ocasión hai que facer líneas curvas, eso si respectando as cores que empregástedes antes, e iniciando e rematando esas curvas no contorno da man xusto no lugar onde remataba ou empezaba unha línea horizontal.



   Tede paciencia para facendo curviñas en cada un dos dedos da man. Canto máis curva é a línea, máis volúmen vai parecer que ten a man ao final. ¿Notades como vai parecendo que a man sobresae do papel?


   Cando xa estén rematadas todas as líneas curvas, só queda borrar o contorno de lápiz que fixemos ao principio e ¡agora xa tedes a vosa man proxectándose fóra do papel!
  Podedes probar esta técnica outros debuxos: círculos, corazóns, letras, números... Probade co que vos apetezca a ver que sae.



  
A segunda proposta artística é para máis adiante. O día 29 de abril é o Día Internacional da Danza.
Ver las imágenes de origen
    Estaba eu pensando en facer un vídeo no que todos os nenos e nenas, mamás e papás ou profes que visitades este blog, estedes bailando.Todos os que teñades ganas de bailar e  disfrutedes facéndoo podedes mandarme ao meu email (profetetedeinfantil@gmailcom)  un vídeo cortiño (chegan 15 ou 20 segundos) no que se vos vexa bailar como vos queirades, ao voso gusto, con liberdade e moita alegría. Despois eu farei unha  montaxe con todos os vídeos para celebrar ese día 29 de abril a importancia que a danza ten nas nosas vidas.
   Así que resumindo:

  • vídeos cortiños (uns 15 segundos) no que se vos vexa bailar.
  • poden participar os nenos de infantil do cole pero tamén os demáis membros da familia que estén a pasar o confinamento xuntos (irmáns, pais, avós...)
  • poden participar os profes do cole
  • podedes mandar as gravacións ao meu correo electrónico.
  • data límite: 18 de abril.
    Como todas as miñas propostas é voluntario participar, trátase de disfrutar, de pasalo ben, de formar parte dun equipo, de celebrar xuntos as cousas bonita da vida... pero non é unha tarefa obligatoria para ninguén. Eu estarei encantada de recibir moitos vídeos e tratarei de facer unha montaxe divertida. ¡A ver o que pasa!

FIN DE CURSO 2026

     O remate do curso 2025-26 foi espectacular. Tivemos un festival cheo de ritmo, con moito público e moitas ganas de festa. Pero antes do...