Hoxe celebramos o aniversario do pintor español Salvador Dalí que naceu un 11 de maio de 1904. Un personaxe moi peculiar, co seu característico bigote, con comportamentos extravagantes, pero un xenial pintor surrealista que nos deixa abraiados coas súas obras cheas de fantasía, de imaxinación desbordante, de simbolismo, de soños increíbles, de obxectos fantásticos e personaxes extraordinarios.
Seguro que todos coñecedes eses reloxios que se derreten ("A persistencia da memoria"), os elefantes de patas longuísimas ("Elefantes") e, por suposto a súa famosísima "Muller na ventá".

Ben, pois para celebrar o aniversario de Dalí hoxe, unha vez máis adicamos a entrada do blog á ARTE. Podedes ver o conto "O soño de Dalí" clicando na imaxe do pintor que se atopa na columna dereita do blog, no apartado Personaxe do día.
Tamén podedes ver outro conto moi bonito que se titula "The dot" ("El punto") sobre unha nena que está desanimada porque cree que ela non pintar, non sabe crear, non sirve para ser artista pero a súa profe lle demostra que todos podemos facer cousas pero hai que lanzarse, hai que perder medos e deixarse levar...
¡Canto me gustaría que todos vos fixérades o mesmo e empezárads a expresar as vosas emocións pintando e creando! ¡Animádevos!
O outro día compartir un vídeo cunha técnica moi sinxela para pintar unha rama de cereixo en flor. Ben, estou moi contenta porque alguén se animou a facer a súa versión pintando cos bastonciños. Aquí están os traballos de Carlota, Cristina e Violeta.
Valentina (de 4 anos) tamén se animou a facer a súa versión da rama de cereixo en flor e a súa mamá enviounos un vídeo que a mostra en pleno proceso creativo pintando con entusiasmo e creatividade. ¡Encántame poder contemplar estes momentos de liberdade! Agora que non podemos estar nas aulas e ver como cada neno se lanza a crear, é moi agradable recibir estes vídeos. ¡Parabéns a todas estas chicas artistas!
Por outra banda, Cristina e Violeta coa súa mamá tamén tiveron tempo de facer yoga, o cal me encanta, pero o que me fixo máis graza é que a súa mamá lles sacou fotos practicando co vídeo que eu preparei como exemplo. ¡Qué situación tan curiosa! Este confinamento levounos a esas cousas. Eu vexo moitos vídeos que me axudan a mellorar a miña práctica agora que non podo asistir ás miñas sesións semanais coa miña profe, que me fan tanta falta. E agora, con toda a miña boa vontade, intento preparar cousiñas para que os peques do Rosalía sigan en contacto co cole e coas súas profes que, aínda que estemos nas nosas casas, seguimos intentando aportar algo a todas as familias que se esforzan día a día por manter activas as aprendizaxes dos pequenos. Desde aquí as miñas felicitacións a todas as familias. E grazas por valorar tan positivamente estes intentos de estar presentes.



Gracias a ti x tan boas, entretidas e relaxantes actividades!!! E o mellor e poder desfrutalas con elas🥰
ResponderEliminarEspero que de verdade aporten un pouco de entretenimento con pizquiñas de curiosidades e que sirvan para disfrutar xuntos. Grazas por visitar o blog e particpar sempre nas propostas.
EliminarQue pasada, probaremos a ver que sae🤭🤭
ResponderEliminarJajaja!! Unha boa instructora de ioga sí señor, como disfrutan as peques vendote 👏👏👏boa idea mami!!!🤩😍
A instructora de yoga é un pouco amateur pero estes días de confinamento intentamos estar aí, eu fágome á idea de que estou cos peques porque a verdade é raro para unha mestra de infantil traballar así. En fin, que sirva para estar xuntos, dunha maneira ou doutra, para estar activos, para rir e para relaxarnos tamén. Grazas por visitar o blog e responder ás diferentes propostas.
ResponderEliminar