sábado, 22 de enero de 2022

CELEBRAMOS DOUS CUMPLES: JIMENA E ROSALÍA

      O xoves 20 de xaneiro tivemos unha doble celebración na Pementeira: Jimena e Rosalía cumpliron 6 anos. Por suposto quixemos que as dúas tiveran o seu momento de protagonismo como raíñas do día así que ambas apagaron as candeas, ambas escoitaron os eloxios no centro do círculo e ambas compartiron unhas galletas cos seus amigos e amigas do cole. A celebración estivo repartida entre o interior da aula e o exterior, o patio. Intentamos apagar as candeas fóra pero ao final non foi posible porque o vento xa nin nos deixaba encendelas. Pero as galletas sí que as tomamos nas mesas de madeira do patio.




 






                                     


   No Círculo dos eloxios, primeiro foi Rosalía a que escoitou o que nós tiñamos que dicirlle sobre o que nos gusta dela e, a continuación, foi o momento de Jimena.
   -Rosalía, gústame moito que sempre teñas ganas de aprender cousas novas, e o interés que mostras cando investigas un reto e traes ao cole un montón de información e queres contar todo o que sabes. Tamén me gusta cando tes ganas de dar abrazos e de de xogar cos teus amigos e amigas. Aprecio moito que che guste o cole e que disfrutes tanto coas actividades que facemos e con todos os compañeiros/as.
      -Gústame como fas as fichas e como coloreas.
     -Gústame xogar contigo e que sexas a miña amiga.
     -Gústame moito cando te comportas ben e eres boa compañeira.
     - Quero ser sempre a túa amiga e que xoguemos no parque.
     -Gústame cando estás contenta e fas moi ben os traballos e prestas atención.
      -Gústame cando xogamos xuntos no patio, quérote moito e eres boa compañeira.







      -Jimena, encántame verte reír, sempre estás alegre e te mostras moi amable e iso é fantástico. Gústame moito a túa calma, a túa paciencia cando fas as tarefas, cando debuxas e coloreas con atención e coidado. Eres unha nena que das moito amor e fas que os demais se sintan ben, eres responsable e sempre me fas caso así que teño que darte as grazas e felicitarche.
        - Eres moi amable e gústame estar contigo.
       -Gústame xogar contigo no cole e tamén no parque. Eres a miña mellor amiga e quérote moito.
         -Gústame como coloreas e como lle fas caso á profe.
         -Eres moi boa e moi guapa e gústame porque te portas ben.
         -Gústame moito cando te pos guapa.
         -Eres boa compañeira e gústame ser a túa amiga, e fas ben os traballos.









       E para rematar a celebración, compartimos unhas galletas ben ricas no patio.













1 comentario:

  1. Parabens a estas duas chicas!!! Que maiores se fan estas pequenas "Paseantas do Espolón"

    ResponderEliminar

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...