jueves, 20 de enero de 2022

PALABRAS MUSICAIS 3, CONTOS E XORNAL

        Día tras día coñecemos novas palabras relacionadas co mundo da música e seguimos explicando o seu significado no noso diccionario audiovisual. Nesta ocasión presentamos tres novas palabras que nos definen con gran precisión Aarón, Samuel e Alonso introducidos por Triana. Mirade que ben o fan:


    Ademais de explicar o significado das novas palabras, fixemos unha actividade impresa moi sinxela na que so había que escribir esas tres palabras debaixo do debuxo correspondente.

 

   E como seguimos preparándonos para o Día da Paz, estamos lendo contos que nos fan reflexionar sobre moitas cuestións importantes como poden ser; aprender a compartir o que temos, respectar aos que son diferentes a nós, aprender a buscar solucións que sexan xustas para a maioría, empezar a pensar nos demais e non só en nós mesmos...
 Onte lemos "Por catro esquiniñas de nada" e hoxe "Negros e brancos", dous contos que a min me gustan moito e que me encantou contarlles porque me dixeron que non os coñecían. Así que está xenial ler historias novas con frecuencia para animarnos a pensar sobre temas variados.
   Deixovos aquí os vídeos por si algún neno ou nena queren velos de novo na casa.




      Hoxe recibimos o exemplar de Novas de Infantil correspondente ao primeiro trimestre deste curso escolar. Os pementeiros/as estiveron mirándoo con moita atención. Mañán, aproveitando que levan a bolsa co pasaporte lector, xa levarán tamén o xornal para que o poidades ler e dsifrutar en familia. Esperamos que vos guste.











2 comentarios:

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...