¡Pois veña, a moverse!
E si preferides facer exercicio pero cun pouco máis de ritmo, podedes bailar con este outro vídeo tan animado.
¡Disfrutade do día!
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow





Porque a min encántame Pedro e o lobo e sempre procuro empregar esta fermosa historia coa súa emocionante música nas miñas clases. Eu teño unha preciosa versión en cómic deste relato debuxado por Miguelanxo Prado que é realmente bonita. En fin, o que pasou a continuación é que púxenme a ler cousiñas de Prokofiev e atopei que en realidade naceu un 23 de abril. O caso é que agora xa pasou o 23 de abril, que por certo foi o Día do Libro. Pero non pasa nada, recordámolo hoxe que seguro que por uns días non se enfada con nos. O importante é disfrutar coa súa música. Así que na columna da dereita podedes clicar no "Personaxe do día" e accederedes á narración musical de Pedro e o lobo. Como xa sabedes o noso proxecto anual BLABLALANDIA xira en torno á importancia da palabra na educación dos nenos e nenas. O valor da li...