miércoles, 4 de noviembre de 2020

ENTREGA DE PREMIOS E YOGA

    Hoxe foi a entrega de premios oficial do concurso de cabazas. Como non se pode facer actos conxuntos, e de feito o Samaín celebrámolo en cada aula de maneira independente e o Magosto non se puido celebrar, pois tampouco foi posible organizar unha entrega de premios con todos os gañadores xuntos e co resto do cole presente para darlles un forte aplauso. Pero polo menos os gañadores recibiron un pequeno agasallo por esforzarse na realización dunha cabaza decorada.   

    Por suposto, desde aquí unha especial felicitación a todos os participantes no concurso. Houbo moi boas ideas, creatividade e traballo na decoración das cabazas e moitas delas mandaban tamén importantes mensaxes de colaboración, cooperación, solidariedade... 

   Os nomes dos gañadores  nas catro categorías apareceron xa publicados na web do centro, pero agora aquí podedes ver as súas caras cando recibiron o seu agasallo. A flamante gañadora de infantil foi Icía Carreira de 4 anos, da aula da profe Eva, que estaba encantada co seu premio.






   E os gañadores de primaria: Paula Sorribas, Abril Llerena e Nuno Rodríguez.

                                                  


    E aproveito xa para mostrarvos a nosa práctica de yoga deste mércores. Fixemos tres posicións: Navasana (postura do barco), dhanurasana (postura do arco) e halasana (postura do arado).





 

   Son tres posturas que requiren certa flexibilidade, equilibrio e forza. Non son fáciles pero estamos intentando, probando, ensaiando, practicando e mellorando pouco a pouco. Se vos fixades nas fotos podedes percibir o esforzo dos nenos e nenas, que en ocasións perden o equilibrio ou non consiguen completar ben a postura, pero fixádevos como se concentran e como tratan de resistir. 
Eso sí, insisto moito nas clases en que non podemos facer estas posturas correndo. Todas teñen un percorrido, uns pasos a seguir. Nas sesións de ioga imos marcando cada paso e facendo cada posición seguindo unhas pautas e sin precipitarnos, algo que neste grupo de pementeiros/as temos que traballar moito porque teñen tendencia a ser pouco pacientes, a precipitarse e a querer facer todo correndo. O ioga pode servirnos tamén para traballar un pouco a calma, a concentración, a escoita, a reflexión, e a disciplina...
    Si practicades ioga con eles na casa, procurade facelo nin espazo axeitado (non encima do sofá ou da cama que son superficies inestables e poden caer ao chan) que non se apresuren en cada postura, que vos mostren despaciño como as fan, que non fagan movementos moi bruscos ... así ademais de coidar o corpo estarán tamén traballando o control dos impulsos, a calma mental, a concentración e non so mellorarán a práctica do ioga senón tamén a súa actividade xeral en moitas outras actividades cotiáns.










































3 comentarios:

  1. Muchas felicidades a los ganadores 👏🏼👏🏼.Esas prácticas de yoga mejoran cada día más y más,se nota que lo disfrutan muuucho,😘🥳

    ResponderEliminar
  2. enhorabuena a los ganadores!!!!
    y, también a los pementeiros que, paso a paso, van mejorando sus habilidades!! es genial "verlos" tan concentrados en sus posturas

    ResponderEliminar
  3. Icía chegou a casa, coa mesma cara de felicidade que ten na foto🤣😂🤣😂🤣.Noraboa a vos e a tod@s os pequen@s si son uns auténticos campeons👏👏👏👏

    ResponderEliminar

TODO A PUNTO PARA O CASTAÑAZOFEST

     A piques de entrar no mes de novembro, chega o momento de celebrar o magosto e o samaín. Este ano decidimos darlle protagonismo ás cast...