De novo un aniversario para celebrar na Pementeira. Hoxe tocoulle o turno, nada máis e nada menos, a Rosalía de Castro. Por iso o día de hoxe estaba adicada a esta poetisa de Padrón. A semana pasada estivemos traballando un poemiña moi fermoso de Rosalía ("Cando a luniña aparece") que fala da tristura que nos fai sentir o feito de perder a alguén que queremos, pero tamén falamos do importante que é recordar sempre aos que xa non están connosco porque todos seguiremos sempre vivos mentres alguén nos recorde, verdade? Ademais de ler e reflexionar sobre o poema, fixemos unha bonita gravación na que participaron todos os nenos/as da aula.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
UN VENRES ESTUPENDO
Un día estupendo na Pementeira! Aproveitamos ben o tempo, estivemos rematando as bolsas nas que os nenos e nenas levarán os seus traball...
-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...







































quedou precioso!! e o poema é fermosísimo!!!! este ano descubro varios poemas que non coñecía, como este.. grazas
ResponderEliminarun saudo
Quedó muy bien.
ResponderEliminarSon unos artistas,cada vez se les ve más sueltos.
Enhorabuena
Gravamos rapidiño a verdade, eu pensei que quizá non nos ía dar tempo de facelo porque a proposta foi feita xusto durante o confinamento pero, sin embargo, fixémolo nun día. Recordaban moi ben o poema, traballamos o contido, falamos moito e gravamos nun periquete. O problema non soe ser a memoria nin as ganas, saen sempre voluntarios, non o fai ninguéná forza, sempre queren participar...o que realmente lles costa é aguantar en silencio cando outro compañeiro/a está gravando, o de esperar, ter paciencia e estar en silencio é aínda un obxectivo que temos que lograr na Pementeira 😅😅😅
ResponderEliminarBravo niñ@s!! Os quedaron preciosos🥰
ResponderEliminar